segunda-feira, abril 10, 2006

UN CEMITERIO DO IMPERIO ROMANO


No xornal “ 20 minutos” do 28 de marzo. Puiden ler un artigo
de non máis de 16 liñas co título, incluido nunha estreita columna
chamada “20 segundos”. Chamóume moito a atención e quixen
escribir algo, aínda que fose un pouco tarde, sobre un suceso
tan curto na súa extensión pero tan importante para a nosa historia.
Esta cidade en si mesma agocha tesouros arqueolóxicos de gran
valor na profundidade metropolitana: “Un equipo de arqueólogos
ha descubierto en un solar de la calle Areal un ara funeraria
romana en perfecto estado de conservación, además de varios
trozos de cerámica y monedas de los siglos II y III”.
Segundo explican; poida que a ara pertenza a emigrantes
xa que os apelidos non son comúns na Hispania Romana,
polo que este dato debería soterrar calquera prexuizo.
Se a emigración existe xa hai tanto tempo en Vigo,
todo vigués nativo pode ser descendente de emigrantes
sen que o saiba. Así que por esta razón, todos seriamos
vigueses pero con distinta procedencia.
Logo desta reflexión, eu pregúntome…
¿ por que existe a xenofobia no mundo,
se non ten razón de ser?...

rosanegra


Sem comentários: