O filme baseado na vida do tetrapléxico galego Ramón Sampedro liderou a recadación entre os tres filmes españois estreados no Xapón en 2005.
“Mar adentro", do director Alejandro Amenábar, exhibiuse entre abril e novembro de 2005 e recadou 140 millóns de iens (1,2 millóns de dólares), segundo a distribuidora Toho Towa. O filme chegou ás salas de cine baixo o título "Un soño que voa sobre a auga" ("Umi o tobu yumei"). Os nipóns conmovéronse coa vida do tetrapléxico Ramón Sampedro, que morreu en 1998 tras inxerir cianuro logo de demandar infructuosamente que lle fora aplicada a eutanasia. A cinta gustou e o público respondeu en taquilla, desbancando así a Pedro Almodóvar, o director español máis taquilleiro no Xapón.
Sem comentários:
Enviar um comentário