sábado, julho 31, 2010

Agarimas os meus dedos
co teu espido corpo
que todo o abrangue
nesta atardecida de silencios….
no que buguinas celestes
constrúen a madrugada….

Os teus ollos tecen ao meu redor
símbolos que enchen de cor
o mar que calmo, agarda…
e un diminuto cangrexo debuxa
no meu sexo unha porta
de rizada ollada

os segundos non camiñan,
arrástranse…
e un peixe durmido
finxe estar morto nunha estrela
que nunca descansa.

Érguense promesas de maternidade
no teu ventre, a miña casa,
e as túas pernas asemellan ser
a mesma area fundida na auga.

Estou rendido, prendido, perdido…
mentres agarimas os meus dedos
co teu espido corpo
que todo o abrangue
nesta atardecida de silencios…

no que buguinas celestes
constrúen a madrugada.


Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, julho 29, 2010

REVISTA ATENEA Nº38 - ESPECIAL POESÍA -



SUMARIO ATENEA 38
ESPECIAL POESÍA VERÁN 2010

EDITORIAL
BIBLIOTECA - HEMEROTECA
RADIO FILISPIM
O PARNASO


MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
ALFONSO RODRÍGUEZ
JOSE L. DUCID
Mª XOSÉ MOSQUERA BECEIRO
OLAIA PAZOS
MIGUEL ALONSO
LUCIA SOUTO COSTOYA
XOAN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE
ARTURO LEZCANO FERNÁNDEZ
ALBERTE MOMÁN
JORGE MIGUEL GAGO CHAO
ELISA ALVES ANEIROS
ALFONSO LÁUZARA MARTÍNEZ
JUANA CORSINA GONZÁLEZ FRAGA

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
María Xosé Villar Corral

DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS
Cocinanegra

terça-feira, julho 27, 2010

a illa da memoria
.

.
no interior da ría do sur
a illa do mestre mendiño
o rumor da sua cantiga
e o rumor do vello lazareto
e o mais forte rumor
dos presos dos fuxidos
e dos asasinados do 36

.
...... xullo 2010
e a illa da memoria
segue nas sucias mans
dos herdeiros dos asasinos

.

....................... Manolo Pipas

segunda-feira, julho 26, 2010

A Illa das Mulleres Loucas

.
A Illa das Mulleres Loucas, dirixida por Vanesa Sotelo, é un recital dramático baseado na obra homónima de Alfonso Pexegueiro, onde a linguaxe do corpo (encarnada polas actrices María Caparrini e Vanesa Sotelo) e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en directo, que xunto co deseño de luces creado por Baltasar Patiño dá como resultado unha peza poética e de gran plasticidade.
.

Mércores, 28 de Xullo ás 22h no Auditorio Municipal de Cangas
.
INVERSA TEATRO
.
inversateatro@gmail.com
www.myspace.com/inversa-teatro
http://inversateatro.blogspot.com/

domingo, julho 25, 2010

25 de Xullo - DÍA DA PATRIA GALEGA
.

video

.

sábado, julho 24, 2010

Couzas delirantes

.
.
As couzas delirantes buscan desesperadas o foco, mais a luz intensa tan perto é cegadora e produce ademais unha calor insoportábel que fai suar a fío, estragando así unha escena xa patética de seu.
O ataque precipitado remata en gol en propia meta.
.
...................................................... - Alfonso Láuzara -
.

quinta-feira, julho 15, 2010

ROSALÍA DE CASTRO: 125 aniversario do seu pasamento

.Rosalía de Castro
con transferencias dos seus poemas.
Pasta de papel e lá
.
................ - Susana Pazo Maside -
.

sábado, julho 10, 2010

A pena do Cabrón

. Poderán eliminar as nosas pegadas,
mais non poderán ocultar a historia
..
A pena do Cabrón
no último salaio dun verán
resistindo, home non!
agochada nas saias de A Guía
no marco dun toro de piñeiro
agarda unha marea chea de raiba
que enchoupe de bágoas a historia
e as cinsas da memoria inacabada
i n a c a b a d a
en Teis agarda sempre!

.
................ - Alfonso Láuzara -
.

quarta-feira, julho 07, 2010

Deambular polo mundo da escritura

.
Deambular polo mundo
solitario da escritura
é non sentir a soidade
por ser dela unha parte.

É perderse nun deserto
de palabras como areas,
que voan nas ás do vento
do sentido pensamento.

Verterse en lixeiras verbas
que se enchen como velas,
dun veleiro no que os soños
que non poden voar navegan.

Explorar o mundo da escritura
é atopar un universo sen barreiras.

É narrar vidas non vividas
e darlles a cor dunha idade...
o nome dun tempo...
o sabor dunha identidade...

Reflexionar sobre décadas
inesquecibles, como a da infancia,
restaurando momentos perdidos,
crebados... ou abandoados.

Revolcarse entre verbas susurradas,
vivir unha paixón inesgotable,
incapaz de saturar ao dilatado
corazón namorado.

É perderse entre siluetas arquitectónicas,
camuflarse entre as tebras,
desentrañando xeroglificos das misteriosas sombras.

É nadar sen desacougo
nun mar sen fin, contido
nunha cunca cuia auga
é a sustancia do sentir.

.
....... - Susana Pazo Maside -
.

segunda-feira, julho 05, 2010

A PORTA VERDE CO AMIGO DIEGO DE GIRÁLDEZ




CASA MUSEO DO PINTOR DIEGO DE GIRÁLDEZ

A Casa Museo do pintor e escultor Diego de Giráldez abriu as súas portas en maio de 2006, para nos presentar a obra deste magnífico pintor, natural de A Cañiza.
A casa consta dunha colección de obras do propio pintor nun número aproximado de 250 pezas, que abarcan dende a súa infancia ata a actualidade.
O pintor e escultor Diego de Giráldez é recoñecido ao tempo que está representado en máis de cen museos de todo o mundo. É un artista que conseguiu xa hai tempo un merecido lugar dentro da pintura contemporánea española. O seu interese pola anatomía e o feito de ser o creador do “Realismo NAS”, que o artista define como a súa particular fusión entre o naturalismo, abstracción e surrealismo, avalaron o seu ascenso á primeira línea dos pintores deste século XXI.
Praza Maior, 4
Entrada pola rúa da Botica
Concello de A Cañiza
Tlf: 986 652 132
Aberto todos os domingos do mes de xullo en horario de 17 a 20 h.
Entrada gratuita.

Visitas para colectivos (asociacións, colexios...), concertar cita co departamento de cultura do Concello de A Cañiza.

ODA A DIEGO DE GIRÁLDEZ

Formas… formas xogando na lareira
tentando saír dese papel de estraza
que as eleva máis ala da súa propia realidade.

Formas que transcenden a súa verdadeira
acadando significados ata a chegada da túa verba
agochados nun traxe de surrealidade.

“Un obxecto é un astro no espacio” – dixeches

e eu podo ver como este avanza amodo
polo ar, pola terra,
polo cadro tecido por esa mirada
a túa,

sempre doce e sinxela,

humildade nun pincel no que cabe toda a humanidade.

E síntome pequeno ante esa palabra que nace, berra e medra
contra esa anatomía que ti desvelas
co silencioso camiñar da herba.

E síntome pequeno, xa o dixen,
ante este ourive do mundo suspendido no tempo,
do espazo poético, do trazo ilimitado,
do verso debuxado,
co cabo termina por atraparme…

dentro do seu doce e sinxelo marco.

sábado, julho 03, 2010

A musa dun xenio

."Espida no espazo" (1992)
.
Dicir dun xenio é nunca dicir dabondo.
Foi primeiro excursión en amizade
e logo xa inminente incursión artística,
viaxe impresionante sen espazo.
Adentreime nos oníricos corredores
e canso de perseguir musas nos meus soños
enfilei polos labirintos reais do mundo NAS,
deixeime simplesmente levar do instinto.
Aquela lus na dose xusta como nas esencias
ía paseniño envolvéndome os sentidos.
E olla ela que alí estaba!
a mirare para outro lado en disimulo,
a musa de ensoño, distraída, exultante,
espida no espazo como ausente ou abstraída,
dona da lus que a súa beleza plena xera.
Entón comprendín aínda abraiado
que só un xenio de seu é quen de capturar
unha musa de ensoño nun lenzo!

.

- Alfonso Láuzara -

.

quinta-feira, julho 01, 2010

Carlos Drummond de Andrade

.
AUSÊNCIA
.
Por muito tempo achei que a ausência é falta.
E lastimava, ignorante, a falta.
Hoje não a lastimo.
Não há falta na ausência.
A ausência é um estar em mim.
E sinto-a, branca, tão pegada, aconchegada nos meus braços, /
que rio e danço e invento exclamações alegres, /
porque a ausência assimilada,
ninguém a rouba mais de mim.

.
Carlos Drummond de Andrade
.
poema: Ausência (vídeo)
.
A Magia da Poesia - Drummond de Andrade
.