terça-feira, junho 29, 2010

Isolino Liméns

“O amor do mariñeiro”

Soedade do mar que traes
o meo amor mariñeiro
soedade do mar que traes
o meu amor verdadeiro.

Cando sinto o rescar
d'aquel barquiño que ven,
ábrense os meus olliños
pra ver a quen quero ben.

Alí ven o meu amor
o meu corazón despertar
alí ven o meu amor
amor de terra e do mar.

Nel estou sempre pensando
día e noite pocadiño
penso n'aquel meu amor
penso no mariñeiriño...

Mariñeiriño da ialma
que traballiños el pasa
no medio do mar revolto
un barquiño ten por casa.

Ventaniña do fayado
cantos recordos ti tes
calas sempre cando choro
abreste cando me ves.

Cando se revolve o tempo
o meu corazón se nubla
pensando no meu amor
amor de tanta dozura.

Aquel barquiño do xeito
co mar forte está batendo
aquel barquiño do xeito
ten o meu corazón dentro.

Amor do meu mariñeiro
amor de moita tardanza
amor ferro e verdadeiro
que no mar loita e balanza.

Isolino Liméns


Hoxe achegamos un aporte da nosa compañeira Elvira Millán Liméns, cuxo avó colaborou co mestre Landín, que foi un músico e compositor nado da villa de Marín. Entre as colaboracións entre ambos destacamos Brisiña.






“As mulleres do mariñeiro”

Mulleriña de Marín,
que sufrida tes que ser
o homiño vai pro mar...
e del non pode volver.

Descalza pola riveira,
de día e noite tamén,
para ganar un'ha vidiña
s'e que do mar non-che ven.

Os teus meniños descalzos,
de pequenos van pro mar,
envusca d'unha vidiña
axudandoll'e a seu pai.

Pensando no seu Carmelo,
que de guía deles vai,
pensando en ti,
sua naiciña,
que non deixas de chorar...

¡Virxe d'o Carme Señora
tende a mau polo mar,
meu homiño i'os filliños
de tin son a supricar!
¡Levante no corazón,
como naiciña querida

lévante na súa alma
lévante por súa guía!

sexta-feira, junho 25, 2010

A crise Decisiva

Filme: Elisabete Pires Monteiro
video

A crise Decisiva é algo de crónico na humanidade!

quinta-feira, junho 24, 2010

Noite de San Xoán

.
.
Unha lus de vida malvivida morre na noite máis curta
unha lus vermella que xurde no planeta da fogata
ese resplandecente caparazón esperanza guindou criatura semellante
fóra do magma que queima miserias humanas
e medra combativo nas faíscas ergueitas en armas.
Voa ese chisco de lus no medio do fume que a ceiba en volantas
lanzada na adversidade estrelecida pra rompe-lo ceo a puñetazos,
avanza no vento indomábel á cabeza dun grupo de meigas
vestidas de negros farrapos e con boinas caladas,
voltas e rebiravoltas, escomenza a revolta
namentra-lo paxaro de lus fita a longa praia ateigada de formigas
estrañas, bébedas, espalladas na noite de lume;
mais a lus se marea ebriagada de vertixe e cansazo
e vaise deitar no berce do mar en calma
e baixa e baixa... e baila logo coas ondas
e non se apaga, velaí a tes meu amor incrédulo
esa lus ten ialma e non se apaga
esa lus é un desafiante amencer agochado na ría
esa lus leva un pouco de tódolos sonámbulos
seres infelices ilusionados con nada.
Esa lus, meu amor, nâo é coisa pequena
e agarda pescadores curtidos en naufraxios.
Esa lus voltará cando un novo día rebelde
prenda en nós (outros) pra enche-la terra de peixe.


.......................................... - Alfonso Láuzara -

domingo, junho 20, 2010

PECHADOS


Pechados

enclaustrados nas sombras
incrustados nas rochas

baleirados do zume bendito

De este xeito penamos
os nosos delitos…

Vencidos inimigos
caídos, luídos

sostidos polos soños perdidos

cheos de esquecemento
e por suposto esquecidos…

condenados a vagar
cun papel durmido…

De este xeito pagamos
a nosa falta de compromiso.

Castrados, comprados,
ananas sombras
baixo un vento calmo,

orfas cunchas
linguas de trapo,

xeración de covardes
ideais de farrapo,

De este xeito mostramos
o noso rostro máis acedo.

Mentireiros de saldo
mestres da desculpa
e dos amenceres amargos

Magos da nada
e do tempo asasinado

Herdeiros dos degoiros
que outros desexaron

creadores de fume
fornicadores de barro

engaiolados nun circulo
á mercé do amo

De este xeito ficamos
absoluta e definitivamente….

Pechados.


Miguel Ángel Alonso Diz

sexta-feira, junho 18, 2010

José Saramago, sempre!!



Como un dos teus fados
.
josé saramago
etica e paixon de expresar
como nun dos seus poemas fados
coa saudade polo sur portugués
desde esa illa mitica xunto a africa
illa de atlantes guanches e lancelot
saramago como no seu ultimo
texto poema fado mariñeiro
dixonos ate logo ate sempre
dias antes do solsticio de vrán
cun cravo vermelho na man
ate logo ate sempre sempre

.
tarde do 18 de xuño
- Manolo Pipas -
.
.
Há-de haver...
.
Há-de haver uma cor por descobrir,
Um jantar de palavras escondido,
Há-de haver uma chave para abrir
A porta deste muro desmedido.

Há-de haver uma ilha mais ao sul,
Uma corda mais tensa e ressoante,
Outro mar que nade noutro azul,
Outra altura de voz que melhor cante.

Poesia tardia que não chegas
A dizer nem metade do que sabes:
Não calas, quando podes, nem renegas
Este corpo de ocaso em que não cabes.

.
.
A ti regreso, mar
.
A ti regreso, mar, ao gosto forte
Do sal que o vento traz à minha boca,
À tua claridade, a esta sorte
Que me foi dada de esquecer a morte
Sabendo embora como a vida é pouca.

A ti regreso, mar, corpo deitado,
Ao teu poder de paz e tempestade,
Ao teu clamor de deus acorrentado
De terra feminina rodeado,
Prisioneiro da própria liberdade.

A ti regreso, mar, como quem sabe
Dessa tua lição tirar proveito.
E antes que a vida se me acabe,
De toda a água que na terra cabe
Em vontade tornada, armado o peito.

.
.
José Saramago
do livro Os poemas possíveis
.

terça-feira, junho 15, 2010

Olho-girassol

.

Planto girassóis nos olhos
Para ter o que te ofertar
Girassol
Gira no sol
Gira no olhar
Que permaneça a alquimia
Do girassol no meu olhar
Girassol
Brilha no sol
Brilha no olhar!

.
................... Rita Rosa (Brasil)

.

sábado, junho 12, 2010

DESEXO

.
Desexo...
coa sutileza dunha acuarela
dar formas aos meus pensamentos
que non son senón
gromos de sentimentos.

Coa musicalidade serea
da chuvia sen vento
compoñer...
con gotas de palabras
versos de recordos
macerados no leito do tempo.

E...
co tesón dese mar
que con brazos de onda
labra parcelas de rocha e area

desenrolarme sen desalento
empíricamente madurando
no devir do coñecemento.

.
- Susana Pazo Maside -
.

quarta-feira, junho 09, 2010

Auga de mineralización débil enriba da mesa que estaba chea de po

.
Sería un peón esvaído
ondeando no momento
se non tivese valor
para te decir que non.

Sería unha vida de pedra
carente de sentimentos
ou roubados como rouba
terreo a auga aos cons.

Sería unha causa perdida
cando o ideal rozase o alento
da túa face contra miña
latexando de emoción

Sería xenial, sería fantástico,
sería a sentenza do meu eu,
globalizacións prismáticas,
que bo sería
se todo o mundo estivese d'accord

.
........... - Fabián Barreiro -
.

segunda-feira, junho 07, 2010

Pintura de Josuha Acuña Martínez

Un artista moi novo de Bueu (Galiza)
Bacharelato de Artes do "María Soliño" de Cangas do Morrazo.
.
"Liberdade"
.
.

"Lembranzas líquidas"
.

domingo, junho 06, 2010

Querido amigo:

hoxe é un día gris cheo de nubes cansas e tristes, no que os ollos, labrados polas bágoas asemellan silandeiras figuriñas de terra

hoxe os segundos carrexan recordos que van chegando sen permiso até o peito oprimido, e o ecoar das conversas, agora mudas por sempre, vai deixando na orela un arrecendo de esquecemento co que xuro loitar cada día...

hoxe, meu querido amigo, compartirás mesa na casa dos elixidos, e dende aquí, dende este ceo gris ateigado de nubes orfas envíoche un abrazo.

Seica non é un adeus amigo, senón un deica-logo.


In memoriam Jose Carlos (5 xuño 2010)



Miguel Ángel Alonso Diz

Palabras vacías de significado

.
Flotan ao meu redor
palabras vacías de significado,
como motas de polen ansiando
preñarse no leito da terra.

Indagan cal paxaras extraviadas
buscando o niño, onde famentos
agardan os desasistidos poliños.

Pérdense as veces no camiño,
cal dardo rastrexando o centro
dun confuso sentimento.

Namentres eu erro
tentando darlle pulso á palabra
nos meus beizos, vexo o arco da vella
entre ceo e terra ancorado.

Con sete fíos de cor albisca o horizonte,
na procura da man que o tense
liberando ós seus raios de luz detida,
cal verbas adormecidas.

Bótolle a man...
préndese nela...
¡¡ tenso...
e solto!!

Como decididas frechas
ao seren lanzadas propáganse
trala súa ventura, en feixes
de ringleiras que soan como versos
entrelazados dun poema.

Versos que arroupan dos sentimentos
os corpos, que devecen ser poesía,
como pétalos aunados cal setestrelo
no ceo, querendo formar a flor.

.
- Susana Pazo Maside -
.

sábado, junho 05, 2010

segunda abordaxe

.
en poucos dias
segunda abordaxe sionista
a un chamado barco da paz
cheo de medicamentos e viveres
e din nunha radio oficial hispana
abordaje sin incidentes
como se uns nove asesinatos
e centos de represaliados
fosen un incidente

e esta vez non houbo mortos
pero en gaza e palestina
hai asesinatos case todos os dias

palestinos e activistas somos os mesmos
dixo sen pensar un dos segundos
nunha rolda de prensa logo de ser deportado

.
mañán do 5 de maio
- Manolo Pipas -

.
catro textos e unha imaxe por palestina
www.envolventesaspalabras.info