quarta-feira, maio 18, 2016

A Porta Verde na I Gala do Libro Galego

Algunhas imaxes da I Gala do Libro Galego celebrada o pasado sábado 14 de maio no Teatro Principal de Compostela, na que a nosa antoloxía "Dez anos na porta" estaba entre as obras finalistas na modalidade de poesía.
Foi un pracer!
Parabéns ás obras gañadoras!








sábado, abril 16, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" finalista na Gala do Libro Galego!

DEZ ANOS NA PORTA. Antoloxía poética 2005-2015,
entre as obras finalistas do Premio Gala do Libro Galego 2016.
Moitas grazas e parabéns a todas as persoas que dalgunha maneira facedes parte de A Porta Verde!


Gala do Libro Galego



segunda-feira, abril 04, 2016

Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" en Ourense

Imaxe colectiva ao remate da presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" na Galleira, en Ourense, o venres 1º de Abril de 2016.
 

 Un acto organizado pola compañeira Rochi Nóvoa


terça-feira, março 08, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!

Algunhas imaxes do acto de presentación da antoloxía "Dez anos na porta" que tivo lugar o pasado sábado 5 de marzo no Museo "Manuel Torres" de Marín, organizado por Queremos Galego, para celebrar o X Aniversario do espazo colectivo de A Porta Verde do Sétimo Andar. Unha sensacional tarde chea de poesía e amizade. Foi todo un pracer! Moitas grazas!

Nanda González (de Queremos Galego Marín) abre o acto

Na mesa: Alba Méndez, Alfonso Láuzara, Fernando Miranda (presenta) e Miguel Alonso Diz

Imaxe do público asistente

Un intre na mesa de A Porta Verde

Intervención de José Daniel Costas Currás (Moaña)

Dani Costas recitando o seu poema

Josefa, poeta de Marín, convidada especial, que vitalidade!

Alba Méndez (Moaña)

Miguel Alonso Diz

Míriam Ferradáns (Bueu)

Alfonso Láuzara

Imaxe colectiva ao remate do acto

Outra imaxe colectiva ao remate do acto

A Porta Verde na prensa do Morrazo

segunda-feira, março 07, 2016

DEZ ANOS NA PORTA en Vigo!

Algunhas imaxes do acto de presentación de "Dez anos na porta" que se celebrou o pasado venres 4 de marzo na Libraría Cartabón, en Vigo. Unha entrañábel noite de poesía e amizade coa presenza de Ramón Nicolás e tamén de moit@s compañeir@s daqueles primeiros pasos destes dez anos de andaina poética do noso espazo colectivo.



 >> Alfonso Láuzara, Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


 Aspecto da libraría Cartabón


Alfonso Láuzara


Ramón Nicolás e Miguel Alonso Diz


Intervención musical de Xurxo Nóvoa Martins


 Elvira Ribeiro Tobío


Manolo Pipas


Luís Viñas


Patricia Sánchez Abeal


Kiko Neves e a ollada atenta de Gonzalo da libraría


Imaxe colectiva ao remate do acto



>> Ramón Nicolás, Kiko Neves, Elvira Ribeiro,
Xurxo Nóvoa, Manolo Pipas, Miguel Alonso Diz,
Luís Viñas, Alfonso Láuzara, Rosanegra e Patricia Sánchez


terça-feira, março 01, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Marín!





Presentación de "Dez anos na porta" no Museo Manuel Torres (Marín) o sábado 5 de marzo ás 19:00h. Antoloxía poética para celebrar o X Aniversario do noso espazo colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar. Coa participación de varios dos autores e das autoras do libro nun recital poético.
Un acto organizado por Queremos Galego Marín. Animádevos a vir!

"DEZ ANOS NA PORTA" de novo en Vigo!

Presentación do libro "Dez anos na porta"
o vindeiro venres 4 de marzo ás 20:00h.
na Libraría Cartabón (rúa Urzaiz, 125) en Vigo!




Presentación da Antoloxía de A Porta Verde do Sétimo Andar que contará coa presenza de Ramón Nicolás - autor do limiar e responsable desta antoloxía - xunto a Alfonso Láuzara e Miguel Alonso Diz. Haberá recitado de poemas da antoloxía a cargo de algúns dos e das poetas que participan na mesma. Como é costume, o espazo estará aberto á participación.
.

sexta-feira, fevereiro 26, 2016

"TRÊS TEMPOS" de Luís Mazás, xa na rúa!

.
Nº22 dos Cadernos QdeVián
Un interesante libro de poesía de Luís Mazás
.

terça-feira, fevereiro 02, 2016

"DEZ ANOS NA PORTA" en Lugo! (29-01-2016)

Un par de imaxes da presentación-recital que tivo lugar o pasado venres 29 de xaneiro na Libraría Biblos (Lugo). Todo un pracer!

Na mesa, de esquerda a dereita: Evinha co seu acordeón,
Ramiro Vidal, Alfonso Láuzara e María José Fernández



Imaxe colectiva ao remate do acto, de esquerda a dereita:
Biblos, Evinha de la Torre cun exemplar do libro, Ramiro Vidal,
María José Fernández, Alfonso Láuzara, Iolanda Aldrei e Toño Núñez

terça-feira, janeiro 26, 2016

Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA" en Lugo!


Presentación de "DEZ ANOS NA PORTA"

Venres, 29 de Xaneiro ás 20:15 h.

na Libraría BIBLOS (Salvador de Madariaga, 1 Local 4, -  Lugo)


Dez anos de poesía e amizade feitos libro. Chega a Lugo a antoloxía "Dez anos na Porta" e, para celebralo, palabra e música. A palabra a cargo de vari@s d@s autor@s participantes na Antoloxía e a boa música no acordeón de Evinha. Non o perdades!

domingo, janeiro 17, 2016

Presentación de DEZ ANOS NA PORTA en Compostela


Imaxe colectiva da presentación de  "DEZ ANOS NA PORTA
na Libraría Pedreira, en Compostela (15-01-2016)