sexta-feira, outubro 30, 2009

ENCONTROS NO 7º ANDAR (31 de outubro)

MAÑÁ SÁBADO

A PARTIR DAS 21 HORAS

ESTAREMOS NO CAFÉ UF " NEGRA SOMBRA"

ESPERAMOS PODER CONTAR COA PRESENZA DE TODOS OS NOSOS AMIGOS

nova viaxe ó outro mexico cronica primeira

nova chegada a cidade de mexico meses despois doutra viaxe

e da aparicion da chamada gripre porcina e logo denominada gripe a

e este suceso é aprobeitado polas transnacionais farmaceuticas

e polo represor goberno para intensificar o control social

a gripa está mui presente no aeroporto parisino onde facemos trasbordo

e hai algunhas mascariñas nas caras de temerosas persoas

e en diversos cartaces que falan da tamen chamada pandemia

e presente no avion galo e no aeroporto mexica da cidade de chegada

un papeliño verde temos que cobrir poñendo aspas ou non

nos cuadradiños correpondentes a se temos mareos febres vómitos diarreas

e outros sintomas de gripas e tamen doutros achaches moi distintos pois


na entrada da alameda central monta o seu posto una indixena triqui

unha oaxaqueña emigrada ou exiliada recoñecida pola sua vestimenta

un bermello huipil como outros que sempre ollamos na cidade

na alameda unha escultura para beetoven e perto del un vello cun organillo

e no medio do parque outra inmensa estatua de benito juarez

e perto dela estaba o queimadeiro da inquisicion


no mero centro desta chamada megalopoli

no zocalo tamen chamado praza da constitucion

levan semanas en planton indixenas tzotziles chegados de chiapas

para denuciar a impunidade pola masacre na comunidade de acteal

no minicipio de chanalhó en decembro do 1997

dun estado que ven de liberar os presos acusados dos feitos

pero outros denunciamos que a impunidade é precisamente

a liberacion destas persoas e que as que mandaron matar

sigan nos seus despachos ou na rua preparando mais mortes


o solpor no chamado cerro da estrela en iztapalapa

canta memoria estas pedras so comparten co vento

este vento do texcoco que quere pero non pode

limpar este aire de morte deste mexico sen fondo

a inmensa cidade ai abaixo con miserias e fantasmas

as familias que non arrancan e seguen mercando santos

o vello templo mexica do lume por canto tempo apagado

e nas covas ben calados outros fantasmas do cerro


agardanos a visita a poboacion de atenco

pero xa non ao planton de la otra campaña

en apoio aos presos que foi retirado hai uns meses .....


e na galiza ficades na defensa da nosa lingua

da cultura da terra e do mar e de tantos dereitos pisoteados

mal momento para sair do país pero xa se me caducou

o bisado dese señor das ghasiosas

por acá logo nos toparemos con fenosa e endesa

e tamen con ducias de brigadistas na defensa destas terras e pobos


unha aperta desde o que foi a cidade de tecnochtitlan


fugaemrede 30-10-09


Manolo Pipas

domingo, outubro 25, 2009

CAIXA INACESSÍVEL

Instantes de espuma
sobre os montes
agitam os braços de névoa

_______________


Azul subtrai o céu
a água
a luz
e fixa o horizonte


José Vicente

quarta-feira, outubro 21, 2009

Às vezes temo a metamorfose

COMO AMANHAR as rotas choças internas
Como alugar um pedaço,
Ainda que só seça uma porção duma alegria
ou a migalha do reflexo dum sorriso

Quando penso papa,ainda hoje que foste
de pressa
como uma chama dum círio, com um assopro
em um instante
como uma ligeira borboleta...
É um triste facto!

Tremo ao pensar na data do teu falecimento
A consciência da tua morte, enoja-me papa!
Não posso evitar e lembro,
lembro...
Amanhã que disseste adeus
aquele adeus definitivo
aquelas horas longas
longas
O tristonho soar do sino que ainda me fere
que bate na minha alma como um martelo
e bate
bate
bate...


Cruz Martínez

3º premio no Certame literário AALF Freamunde, 2003 ( Portugal)

sábado, outubro 17, 2009

Loita polo noso idioma, pola nosa identidade!!!

Mañá 18 de outubro todos en Compostela!!!

Deitado frente ao mar ( Celso Emilio Ferreiro)



sexta-feira, outubro 09, 2009

corazon de tantas terras

esas zambas e tonadas
esas pampas e montañas
chacareras e tonadas
eses rios e memorias

esa lua ventureira
ai mercedes e o seu poncho
a cantora e o seu bombo
esa voz de tantas terras

mercedes a tucumana
esas prazas esas pontes
eses soños esas dores
voceira da pachamama

esa muller ventureira
ese mar co seu rumor
ese grande corazon
corazon de tantas terras

pipas galiza 10-09

quinta-feira, outubro 01, 2009

POEMAS ENCONTRO 7º ANDAR - NO PARO -

No paro
os días nacen espidos de vida
coma camiños abandonados,
só pasado,
entre os ecos mudos da alma ferida.

No paro,
os días convidan a caída
dos beizos esgotados,
só pasado,
entre a palabra xa esquecida.

E os días tamén nacen
cegos e xordos,
sen máis fío que o reflexo
dun tacto durmido.

E os días tamén nacen
fríos e lóbregos,
sen máis compaña que o choro
dun recen nacido.

No paro,
soamente atopo....
un eterno deambular
entre sombras que ameazan.

No paro,
soamente atopo...
desacougo
nun labirinto sen saída

que no fin, lémbrame...
que os días no paro
nacen espidos de vida.


Miguel Ángel Alonso Diz

POEMAS ENCONTRO 7º ANDAR

Agochado nas estrelas
baixo as nubes dos meus ollos
dorme doce entre as bagoas
un neno feito de soños.

Cuxa lembranza son feridas
que rompen en salaios fondos,
batendo forte están as olas
nesta terra de mortos.

Agochado nas estrelas
baixo as nubes dos meus ollos
dorme doce entre as bagoas
un neno feito de soños.

As súas mans son de terra
os seus ollos, un tesouro;
chora, e eu lle canto,
durme, e entón eu choro.

E os seus beizos son sombras
eterna noite de reloxo,
que marca triste as horas
no meu perpetuo desacougo.

Agochado nas estrelas
baixo as nubes dos meus ollos
dorme doce entre as bagoas
un neno feito de soños.


Miguel Ángel Alonso Diz

POEMAS ENCONTROS 7º ANDAR

Despois dun tempo de silencios
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.

E naveguei en prol da miña esencia
un millar de veces aborrecida,
soterrada baixo unha faciana
que asemellaba tristemente rendida.

Despois dun tempo de grises presenzas
arrínqueme a mortalla de tantas ausencias
e berreille á vida con voz enchida

¡que non morrera!
que tan só tiña a alma durmida...

E co camiño prostrado ós meus pes
busquei baixo os versos espidos
a aqueles outros versos aínda non nacidos
que me volverán do revés.

Porque despois dun tempo de tristura
voltei a ser nacido,
co sentir encollido
e sedento de fermosura.

E abrín os ollos ós montes, ás arbores, ós ríos...
E abrín a alma ás fontes, ás cores, ós paxariños...

Porque despois dun tempo de silencios
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.

E abrín os ollos...
E abrín a alma...


Miguel Ángel Alonso Diz