Despois dun tempo de silencios
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
E naveguei en prol da miña esencia
un millar de veces aborrecida,
soterrada baixo unha faciana
que asemellaba tristemente rendida.
Despois dun tempo de grises presenzas
arrínqueme a mortalla de tantas ausencias
e berreille á vida con voz enchida
¡que non morrera!
que tan só tiña a alma durmida...
E co camiño prostrado ós meus pes
busquei baixo os versos espidos
a aqueles outros versos aínda non nacidos
que me volverán do revés.
Porque despois dun tempo de tristura
voltei a ser nacido,
co sentir encollido
e sedento de fermosura.
E abrín os ollos ós montes, ás arbores, ós ríos...
E abrín a alma ás fontes, ás cores, ós paxariños...
Porque despois dun tempo de silencios
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
E abrín os ollos...
E abrín a alma...
Miguel Ángel Alonso Diz
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
E naveguei en prol da miña esencia
un millar de veces aborrecida,
soterrada baixo unha faciana
que asemellaba tristemente rendida.
Despois dun tempo de grises presenzas
arrínqueme a mortalla de tantas ausencias
e berreille á vida con voz enchida
¡que non morrera!
que tan só tiña a alma durmida...
E co camiño prostrado ós meus pes
busquei baixo os versos espidos
a aqueles outros versos aínda non nacidos
que me volverán do revés.
Porque despois dun tempo de tristura
voltei a ser nacido,
co sentir encollido
e sedento de fermosura.
E abrín os ollos ós montes, ás arbores, ós ríos...
E abrín a alma ás fontes, ás cores, ós paxariños...
Porque despois dun tempo de silencios
voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
E abrín os ollos...
E abrín a alma...
Miguel Ángel Alonso Diz
Sem comentários:
Enviar um comentário