quarta-feira, fevereiro 29, 2012

domingo, fevereiro 26, 2012

Presentacion de diaspora de Neves Soutelo


O luns 27 de febreiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora

sexta-feira, fevereiro 24, 2012

AMANTE ROSALÍA


Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.

Quero cos seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.

Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.

E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!

E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!

Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.

Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…

e murmurear o seu nome

e murmurear o seu nome

Miguel Ángel Alonso Diz

quinta-feira, fevereiro 23, 2012

O IES AS BARXAS NA" VANGUARDIA", "A ILUSIÓN DE RODAR"



En la enseñanza hay que reinventarse siempre para motivar al alumno, que es lo más importante”, explica la profesora Luz Beloso. Hace casi un cuarto de siglo, la Xunta de Galicia construyó el instituto As Barxas en un sombrío lugar próximo al centro de Moaña, una villa marinera de casi 20.000 habitantes de O Morrazo, en el lado norte de la ría de Vigo. La misma orilla desde la que se puede ir a la mayor ciudad gallega en las lanchas popularizadas por la película Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa."

Para ler o artigo completo, seguir o seguinte enlace:

http://blogs.lavanguardia.com/cumlaude/2012/02/

Poida que si que poida





Un traballo do Audiovisual As Barxas Este ano,unha vez máis,os alumnos de cuarto da ESO en plástica quixeron facer unha animación stop motion para o proxecto "somos comenius" do noso centro.

A MÚSICA,é unha música orixinal, made in Barxas, un RAP máxico, do cal é responsable o noso profesor de música Seso Durán e o seu taller de artistas.
Por se isto fose pouco , a letra da canción en galego é do poeta Miguel Angel Alonso Diz membro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar.

Como di Miguel, meu amigo poeta, AS ESTRELAS ALIÑANSE NO CEO.... MÚSICA- IMAXE -POESÍA, neste video as estrelas simbolizan o FUTURO.
Ti es o actor do teu futuro, "Acteur de mon avenir".

OS QUILÓMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA



Venres, 24 de Febreiro de 2012
ás 20:30 horas Na libraría Andel (Pintor Lugris, 10 36211 Vigo)
Presentación do libro de poemas 'Os quilómetros que percorremos dende aquela'
(Toxosoutos. 2011) de Alberte Momán.

quarta-feira, fevereiro 15, 2012

AZUL ULTRAMARINO: Xa na rúa!



Azul Ultramarino
José Manuel Nunes Vilar

Umha olhada mui pessoal sobre osprocessos de alienaçom, criatividade e ensonhaçom.Umha viagem através das geografiasda nossa língua e da nossa identidade.Turismo e mitologia, idealismo e náusea, política e poética. Séchu Sende

José Manuel Nunes Vilar.

Nasceu na localidade paramesa de Agreimunde (Galiza) em 1985. Cursou estudos de primária no C.P.I. Ramom Pinheiro da Póvoa do Sam Julião e de secundária no I.ES. As Mercedes de Lugo, onde por vez primeira ganhou certames literários em várias categorias. Atualmente está a concluir o curso de Humanidades pela Universidade de Santiago de Compostela e de língua portuguesa pela Escola Oficial de Idiomas da cidade amuralhada.

É membro da associaçom luguesaCultura do País, sócio da Associaçom Galega da Língua, da Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa e da Liga Céltiga Galaica.Em 2009 lançou ao prelo a sua editio princeps, uma coleçom decontos intitulada Um país oculto pelas silveiras, em 2011 representou à AGAL no jurado do I Concurso de Relatos Curtos “O Lugar Onde Vivo” organizado pela ADEGA, tem presença em espaços webs como Contos Grotescos, Desperta do teu sono, ou o Portal Galego da Língua e ocasionalmente participa de diferentes revistas literárias e de jornais entre os que destaca o Novas da Galiza.

Contacto co autor: tojodopais@gmail.com


24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.
A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30
Ourense, Liceo, 19:30
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00

segunda-feira, fevereiro 13, 2012

NOVO PROXECTO DA PORTA VERDE




Coa túa axuda este será o nº 5 dos Cadernos Q de Vian
Preme no seguinte enlace:

segunda-feira, fevereiro 06, 2012

sábado 11 de febrero en arrebato, 20.15 horas, para presentar Pintalabios!

ARREBATO LIBROS
C/ La Palma 21, 28004 www.arrebatolibros.com

ranhura

domingo, fevereiro 05, 2012

PEGADAS en Allariz - Miguel Ángel Alonso Diz -


Presentación de DESOBEDIENCIA, de Rosa Enríquez, con limiar de Anxo Angueira.
A.c. Bou Eva (Vigo) - 3 de Febreiro de 2012
Q de Vián Cadernos é unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, que busca incidir na visibilidade da produción artística galega. Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.

sábado, fevereiro 04, 2012

quarta-feira, fevereiro 01, 2012

Dobre sesión de literatura


Este venres 3 de xaneiro, ás 20:00, comeza a dobre sesión de literatura. Temos o pracer de acoller a presentación, por unha banda, a tradución ao galego, ao euskera e ao catalán do libro de Juan Márquez «Un tempo libre». Intervirán Lucía Novas, David Tijero e Estel Julià, que foron os tradutores da obra, e Xoán Montero será o mantedor do acto que terá como acompañento a música de Bilal Traoré.Ás 21h Rosa Enríquez presentará o seu libro «Desobediencia». Intervirán a propia autora, Alfonso Láuzara e Anxo Angueira. A seguir, contra as 21.00 h.