domingo, janeiro 25, 2009

Recital Músico- Poético en Ourense

O sábado 24 de xaneiro na Esmorga, rúa telleira. Estivo "A porta verde do sétimo andar" convidada polo outro colectivo cultural "O clube dos poetas vivos". Alí gozamos da música e da palabra.Na fría noite de inverno conseguíuse unha perfecta harmonía entre músicos e poetas.
Na foto de grupo, de esquerda a dereita: Belén de Andrade, Servando Barreiro, Concha Rousío, Gonzalo Caride, José Manuel Barbosa, Cruz Martínez, Maica Álvarez, Artur Alonso e rosanegra.







































Texto: rosanegra e Cruz Martínez

quinta-feira, janeiro 22, 2009

faquir


tódolos días
agochada
no seu balcón
espérao
unha muller
para
que
a
sorprenda,
sostendo nas súas mans
unha moneca de Alexandría.
a rúa de súpeto
é un reducto de observantes,
desconfiados,
misioneiros e cirilos.
o faquir recostase
sobre os cravos oxidados
dobrando o seu corpo
como unha sombra
neoplatónica.
el é, o un, a intelixencia e a alma
mudando en éxtase,
ela mentres prancha e dobra
os vestidos da súa moneca,
non se perde ningún detalle.
ao caer a tarde
despois de aguantar
enriba duns hipóstasicos cravos,
procede a vestir a súa espalda
espida, oxidada e rota.
ela pasa a cortina,
deitase na cama
e agarrándose forte,
entre sono e sono
vaise metendo,
no ventre da súa moneca Hypatia.
Enrique Leirachá

domingo, janeiro 18, 2009

DE QUE MANEIRA NUM MOMENTO

saes duma sombra para sumirte em outra
Imensa sombra assassina que enforca
as ilusões dum dia

Ninguém pode deter as aflições
que chegam
e firem-te sem compaixão
Elas, então ficam
rasgam-te como se fosses
folha dum manuscrito velho
sem importância, nem sentido
Como folha caída
que viste o chão nu
duma tarde de outono
Ficas como lama dum caminho
de qualquer tristonho inverno

De que maneira em um momento
saes duma sombra para
sumirte em outra
rememorando ausências
que supuram dores
Sentindo mais dentro a morte


Cruz Martínez

Pertence ao poemario: " Às vezes temo a metamorfose" 3º premio no Certame literário AALF, Freamunde (Portugal)

sexta-feira, janeiro 16, 2009

O noso LIBRO na rúa...

.




9 xeitos de traspasar a porta da poesía.
9 olladas que indagan na paixón, no cotián, na memoria... creando espazos para recuperar o poder revelador da palabra.
9 voces contemporáneas que nos conducen polo universo polimorfo do poema. Abrir a porta verde do sétimo andar é entrar en 9 mundos poéticos posibles e diferentes. Adiante, a porta está aberta!


. Depósito legal: VG543-2007 .. P.V.P.: 10 €

A Porta Verde do Sétimo Andar
pódese mercar en...

Galería SARGADELOS Vigo (Urzáiz, 17)
A Cova dos Ratos (Romil, 3 - Vigo)
Libraría CARTABON (Urzáiz, 125 - Vigo)
Galería SARGADELOS Ferrol (Rubalcava, 30-32)
Libraría Limiar (Venezuela, 33) Ultramar – Ferrol
Libraría Torga (rúa da Paz, 12) Ourense
Libraría Internacional (Capitán Eloy, 8) Ourense
Local Social a esmorga
(Telheira, 9 - Zona Universitária) Ourense
Libraría Eixo (Cardenal Quevedo, 36) Ourense
Centro Social Gomes Gaioso
(rúa marconi, 9 Montealto - A Coruña)
.

quarta-feira, janeiro 14, 2009

Intantâneas

Uma célula do meu corpo divide-se em duas porções aproximadamente iguais, isso, segundo os médicos e biólogos é normal. Com a liberação de energia uma enfermeira corpulenta bombardeia-me com neutrões. Um balão eleva-se no parque. Diz que visitará meu passado e que a esperança está no futuro. O planeta é azul/ e não há nada que possa fazer. Vejo a paisagem, caminho, percorro-o, algo me separa do imenso.
Ramón Peralta

quinta-feira, janeiro 08, 2009

DOUS

Non houbo forma algunha
de que as mulleres teceran redes
novas
cos fíos negros que nacían
do mar
aquel Novembro.
Sempre nos dá o que precisamos, pensaban.
Sempre.
O mar, que xa non era mar,
virou as cóstas e chorou.
E choraron as mulleres
porque o mar xa non bailaba nos baixos das súas saias
nin no salgazo das súas mans
nin nas escamas relocintes do peixe fresco na lonxa.
Aquel Novembro no que abandonamos ó mar que nos deu sempre o que precisabamos,
saloucaban.
Cardábanse os cabelos ennegrecidos con espiñas secas.
Que tan terrible Novembro.

Mariola Soutelo

Rememorando a traxedia do "Prestige"

segunda-feira, janeiro 05, 2009

sábado, janeiro 03, 2009

POEMAS DO DÍA E DA NOITE ( poemario, 2008 )


POEMAS DO DÍA -I-

PEQUENAS COUSAS

Comezarei polas cousas pequenas,
diminutas, case inexistentes...

Pequenas cousas,
coma grans de area
esparexidos a mercé da marea,
coma diminutas folerpas no deserto,
coma gotas de estrelas nun ceo aberto.

Pequenas cousas,
coma o canto dun paxaro invisible
que suca un mar imposible
mentres xira e xira,
xogando co vaivén mentres un mira.

Comezarei polas cousas pequenas,
diminutas, case inexistentes...

Pequenas cousas
que de ledicia me enchen,
aínda que ó chegar a noite,
cando as miñas pálpebras anuncien
o seu peche
e os meus latexos a súa voz renuncien,
sei que as esquecerei para sempre.
Miguel Ángel Alonso Diz