POEMAS DO DÍA -I-
PEQUENAS COUSAS
Comezarei polas cousas pequenas,
diminutas, case inexistentes...
Pequenas cousas,
coma grans de area
esparexidos a mercé da marea,
coma diminutas folerpas no deserto,
coma gotas de estrelas nun ceo aberto.
Pequenas cousas,
coma o canto dun paxaro invisible
que suca un mar imposible
mentres xira e xira,
xogando co vaivén mentres un mira.
Comezarei polas cousas pequenas,
diminutas, case inexistentes...
Pequenas cousas
que de ledicia me enchen,
aínda que ó chegar a noite,
cando as miñas pálpebras anuncien
o seu peche
e os meus latexos a súa voz renuncien,
sei que as esquecerei para sempre.
Miguel Ángel Alonso Diz
Sem comentários:
Enviar um comentário