terça-feira, junho 30, 2009

Encontros no 7º Andar ( sábado 27 de xuño)

De esquerda á dereita: Alberte Momán, Cruz Martínez, Lois Magariños, rosanegra, Miguel Ángel Alonso, Enrique Leirachá, Alfonso Láuzara.
Outro mes máis... os encontros poéticos tiveron lugar no Café UF. A poesía foi aloumiñada polos integrantes da foto e compartiron momentos inesquecibles coa palabra, e tamén coa imaxe, Lois Magariños presentou o seu traballo artístico e audiovisual. Todos e cada un dos asistentes gozaron da boa compaña nunha noite conquistada polas verbas e o corazón. Graciñas a todos!!!.

rosanegra e Cruz Martínez

video

Miguel Ángel Alonso

video

Alberte Momán

video

Alfonso Láuzara

sexta-feira, junho 26, 2009

Concentración diante do Parlamento


09:30 - 11:00h. Santiago de Compostela
A masiva concentración do día 23 de San Xoán estivo adubada con música de gaita e voces ao unísono, cantando a nova versión de “ A saia de Carolina “, inspirada en Nuñez Feijo... todo un éxito!!...
“( FRAGAS) Derrogas Albertiño?
(ALBERTOS) Derrogo, si señor,
(FRAGAS) Dime que derrogaches
(ALBERTOS)A normalización! (3)
(FRAGAS) Derrogas Albertiño?
(ALBERTOS) Derrogo, si señor!”
A indignación do Pobo Galego é cada vez máis fonda. Moitos estivemos alí para protestar pola derrogación do noso decreto e pola instauración doutro. Feijo de alcume “Habichuela”, para respectar o bilingüismo harmonioso que merece... segue coa súa teima de atacar a todos os galegofalantes, a onde quere chegar?
“Manda carallo paisan@s
De que nos vai esta xente?
Quen máis vai contra o galego
É o propio presidente”
Por desgraza imos ter 4 Anos Escuros en Galiza, agardemos botalos para que non sexan máis.
“ Van contra do noso idioma
Ou español ou inglés
Nunha nación que é Galiza
Parece o mundo ao revés!”
O mundo ao revés, “Galicia, agora é o país das Marabillas” onde o coello branco anda apurado e ten moita presa por derrogar a Lei e a raíña de picas de alcuña “ picona” instiga co seu bilingüismo cortando cabezas.
“ Pelexemos amiguiños
Pois a cousa non é broma
Queren acabar con todo
E empezan polo idioma”
A Mesa pola Normalización Lingüística segue pelexando duramente, o seu presidente e demais representantes berran por unha Galiza Ceibe!!!


Texto de rosanegra
Letra da canción CIG ( Confederación Intersindical Galega) Ensino
video

quinta-feira, junho 25, 2009

ESTE SÁBADO, 27 DE XUÑO


Caracola de café

.
Mar-e-onda mar-e-onda
a túa inmensidade oceánica plena
soa na entraña cova dunha caracola
mincha, cativa silenciosa a mare,
conta areas milleiros nun silabario
para exhultar o poder encantador
que arrebata os sentidos abraiados.
Tomei café nun recipiente de deseño.
Caladiña caracola está en minutos musicais
de marea chea nesta sobremesa
mar-e-onda mar-e-onda mar-e-onda

Let´s have a cup of coffee here, yeah!
.
........................................ Alfonso Láuzara
.

quinta-feira, junho 18, 2009

Concentración en apoio a Carlos Callón, 17 de xuño nos Xulgados de Santiago de Compostela

Ás 12:30 horas, tivo que persoarse nos xulgados de Santiago o presidente da Mesa Carlos Callón, para declarar pola denuncia de "inxurias e calumnias". O xuíz -decano de " LA CORUÑA" orgulloso defensor da castelanización e da " Doma e Castración" do galego, séntese fondamente ofendido polas súas propias verbas " No tengo ningún rubor en seguir la ilegalidad del topónimo LA CORUÑA ". Cando escoitou nos medios de comunicación a frase literal dos beizos do noso compañeiro. Cal é o problema deste decano?...Cal é o motivo do seu sen vivir?...Antonio Fraga Mandián volve a cargar contra a lingua propia de Galiza e contra os seus defensores. Cómpre lembrarlle que o tempo pasa e a xustiza sempre dá a razón á verdade, nunca a unha persoa e aos seus cartos por moito poder que teña.
SEMPRE EN GALIZA E SEMPRE EN GALEGO!!!!

rosanegra

video

Carlos Callón falou á saída do Xulgado.

quarta-feira, junho 17, 2009

CAMBADOS TEN O SEU POETA, RAMÓN CABANILLAS

Cruz Martínez durante o recital
Obra de Luís Viñas ( No escuro)

Técnica mixta sobre lenzo

65x66cm, 2009
Acto homenaxe a Ramón Cabanillas celebrado o día 15 DE XUÑO-2009 ás 18:30h no Centro Comarcal EXPOSALNÉS (Cambados)

video

rosanegra recitando no acto

video

Saúl Otero organizador e colaborador do evento

domingo, junho 14, 2009

POEMAS DO DÍA E DA NOITE

POEMAS DO DÍA -III-
PRESENTACIÓN

Eu non son de dereitas
nin de esquerdas,
eu,
son do ceo e da terra,
fillo do mar e do vento;
náufrago dos meus soños,
preso do meu latexo.

Guerreiro ante inxustizas,
monxe no meu templo,
ferreiro na forxa, teus ollos,
pallaso no circo do tempo.
Miguel Ángel Alonso Diz

quarta-feira, junho 10, 2009

O CADRO


A figura do cadro non é real, mais semella un anaco de tempo que cobre a imaxe dunha muller. Ten volume e cor definido, é tan perfecta que ben pode ser unha foto impresa. Unha tea branca tapa a súa nudez e olla coas meniñas fixas nun punto incerto, o movemento puntual que abrangue todo un mundo tan sorprendente como infindo. A forma respira vida creada a partir da pintura e dunha man eficaz na precisión xeométrica. Os seus ollos reflicten a tristura de séculos pasados que cheiran a nostalxia e o podre dos fungos que parasitan a materia. Existe na escuridade do universo paralelo, aquel expresado dende a arte e o pensamento. E aí está impertérrita, aloumiñada entre o lusco-fusco e cun cobertor de señardade que a sostén “con manto branco”. A través da visión do artista-mago sae a eterna ligazón do espazo inconmensurable e do existencialismo artístico que debuxa un pincel.
Texto inspirado no cadro de Diego de Giráldez " Con manto branco" 2001
rosanegra

sexta-feira, junho 05, 2009

uns versos desde oaxaca

o semaforo e as chamacas

nun soleado semaforo da cidade
unha compañeira vestida de pallasa
xoga con bolas e fitas e pasa a gorra
e no mesmo cruce unha chiapaneca
chegada dos lonxanos e frios altos
coa sua ultima criança no reboso
tenta vender chicles con pouco exito
mentres eu na esquina tomo unhas fotos
da miña amiga dos malavares
que lle ensino a duas curiosas meniñas
que se sentaron nas mesmas escaleiras
e platico un pouco con elas
pero ven a sua nai e xa se nos van

dias despois no mesmo semaforo
as chamacas preguntaron á pallasa
el señor de las fotos no viene

oaxaca 10-2-09

manolo pipas

terça-feira, junho 02, 2009

Encontros no 7º andar

Foi o sábado pasado 30 de Maio, no café Uf. Alí, unha vez máis gozamos da palabra, da música e a amizade...
Moitas grazas a todos por compartir tan inesquecíbel intre connosco.
Na foto, de esquerda a dereita: Alfonso Láuzara, Enrique Leirachá, rosanegra, Concha Rousía, Servando Barreiro, Cruz Martínez e Manolo Pipas. Vídeos e foto: rosanegra e Cruz Martínez
videoManolo Pipas

segunda-feira, junho 01, 2009