hai un relento que molla as queixadas
e aparecen escuras vacalouras
portando maletas cor violeta
......................................que vixían
Percibo a impasibilidade dos croios
................................................axexan
seica pretenden facerse co silencio
Eu, trouxen o pano branco
.............................con bolboretas azuis
e inicio a danza
..............dos pés descalzos
Senta... agarda
................o comboio ha de vir
Cruz Martínez
Quinta-feira, Maio 22, 2008
O comboio ha de vir
Terça-feira, Maio 20, 2008
Domingo, Maio 18, 2008
NA GALIZA, EN GALEGO
Sábado, Maio 17, 2008
Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui, 1915 – Vigo, 1985) Homenaxeado
ESCOLMA
Era un airiño soave
Era un airiño soave
que se erguéu pol-a mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se metéu pol-a porta.
Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...
....... ¡Eras tí!
.
(de Roseira do teu mencer)
.
.
DESCOBERTA DA TERRA
A terra estaba virxe e nós, os nenos,
lle íamos pondo nomes, a brincare.
A cousa máis cativa tiña un nome
da nosa fantasía:
unha peneda, un albre, un regatiño
que polo vran ficaba todo enxoito
—coa pel de areas sóio, a escintilare—;
un cómaro, un recanto do vieiro,
o cancil dun valado... Nomes ledos,
nomes de cousas que non tiñan nome.
"A Pena do Coello", "O Albre Rachado",
"As Roíñas de Dona Mariquita",
"O Castelo dos Corvos"... ¡Tolerías
de nenos ceibes baixo o sol dourado!
Eran nomes urxentes, de cazata
ou descoberta, coma aquiles outros
que traguían os libros. ¡Qué fermosa
xeografía, sóio de nós sabida!
E lago aquil reparto
da terra, atal que os bos conquistadores.
Cadaquén tiña un soto, unha valgada,
un casal encostado nun outeiro,
un pazo, coa facenda toda súa...
Eran nosas provincias, pra mandare
nos paxaros que nelas apousaban,
nas fontes e nos regos.
Ninguén poido xamáis tirarnos isa
posesión ideal da nosa terra.
Inda agora eu son dono vinculeiro
do meu carballo torto,
aló na carballeira de Sovilas
e dunha pena chaira,
que soaba a tesouros escondidos,
a soño tolo de rapaz sin sono,
cando o meu corazón petaba nela...
.
(de Canle Segredo)
Anxo Angueira & Leo e Arremecághona, nas Letras Galegas!
As Letras Galegas arrincaron con forza e grande intensidade poética nun impresionante espectáculo literario e musical na Praza da Constitución de Vigo. Alí, na tarde do venres, co Berbés histórico e proletario de fondo grazas ás artes plásticas de Xosé Luís e Xoán Carlos de Dios, vibramos cun Anxo Angueira ben acompañado polo Leo e Arremecághona e máis Aser Álvarez, e tamén coa nosa colaboradora de A Porta Verde... Elvira Riveiro. Sexta-feira, Maio 16, 2008
Polo dereito a vivirmos en galego
18 de maio en Santiago de Compostela.
A partir das 12:00h.
En pé pola lingua!!
Nós tamén estaremos alí.
Terça-feira, Maio 13, 2008
"A minha língua quero na tua boca"
A minha língua quero na tua boca
e nos teus lábios nos teus peitos
E no país inteiro do teu sexo
falar com o idioma que nos pertence
Procurar a humidade com a língua que nos une
para dar-lhe nome ao teu corpo
e repetir em cada rio em cada bosque
em cada outeiro da tua geografia
a promessa de quem ama sem palavras
com o silêncio das estrelas, tam longínquo e singelo
O noso LIBRO na rúa!
Depósito legal: VG543-2007 .. P.V.P.: 10 €
A Porta Verde do Sétimo Andar
Foto: Begoña Miguélez
De esquerda a dereita: Luís Viñas, Minus-bálido (A.Rodríguez), Manolo Pipas, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Abilio Rodríguez, Rosanegra (Rosa Martínez) e Alberte Momán
9 xeitos de traspasar a porta da poesía.
9 olladas que indagan na paixón, no cotián, na memoria... creando espazos para recuperar o poder revelador da palabra.
9 voces contemporáneas que nos conducen polo universo polimorfo do poema. Abrir a porta verde do sétimo andar é entrar en 9 mundos poéticos posibles e diferentes. Adiante, a porta está aberta!
Pódese mercar en...
Galería SARGADELOS Vigo (Urzáiz, 17)
A Cova dos Ratos (Romil, 3 - Vigo)
Libraría CARTABON (Urzáiz, 125 - Vigo)
Libraría Limiar (Venezuela, 33) Ultramar – Ferrol
Libraría Torga (rúa da Paz, 12) Ourense
Libraría Internacional (Capitán Eloy, 8) Ourense
Local Social a esmorga
(Telheira, 9 - Zona Universitária) Ourense
Libraría Eixo (Cardenal Quevedo, 36) Ourense
Ou tamén contactando con A Porta Verde:
e-mail: aportaverde@gmail.com
Domingo, Maio 11, 2008
A semana das Letras Galegas

O Facho com o galho da Semana das Letras Galegas manifesta a sua adesom a mesma convocando os seguintes actos:
Dia 14, quarta-feira, amanhá
As doze (12 h.) da manhá oferenda floral no monumento a Curros Enriquez nos jardins de Méndez Nuñez da Corunha.
Dia 14, quarta-feira, serám
Conferencia sobre a figura de Xosé M. Álvares Blázquez. As oito (8 h) do serám na Fundaçom Caixa-Galiza, Cantons da Corunha polo escritor e ensaísta, Celso Álvares Cáccamo, Doutor e Professor de Linguística na Universidade da Corunha e filho de Xosé María Álvarez Bláquez, escritor homenageado este ano no dia das Letras Galegas.
Dia 15, quinta-feira, serám
As oito (8 h.) do serám na Casa Museu “Casares Quiroga”, rua Panadeiras, n.º 12 da Corunha, inauguraçom da exposiçom de fotografia “5 Olhadas com presbitia” do Obradoiro de fotografia d’O Facho, baixo a direcçom do fotografo e professor Peter Scheider. A mostra estará aberta desde 14 até o 31 de Maio.
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Federico Tapia 12-1º
15005 A Corunha
