sexta-feira, setembro 26, 2008

Déixanse levar

.
Non lembro a data exacta, soubemos que se achegaba o momento de defender o xeito de vida dun, o noso, grupo de persoas, homes e mulleres donos de si mesmos, en perigo por unha outra vida dona dun todo meirande. O fracaso chegou logo, presto a definir os nosos azos en minoría - antes morrer que saír derrotados! - vencidos sucumbimos.
.
candeas
como mastros
enxurran o ceo

non tiven a oportunidade
de advertir

o tempo ergueuse contra nós

aló ficamos
no bambán das ondas

aló tamén
onde
a auga
repousa

.......................... Alberte Momán

sexta-feira, setembro 19, 2008

Fernando Martinho Guimarães

Nascido transmontano, 1960 (Alijó, Vila Real, foi na cidade do Porto que viveu até aos princípios dos anos 80. A partir do ano 2000 fixou-se em Ponta Delgada, Açores. De formação filosófica e literária, a sua produção ensaística e poética reflecte essa duplicidade. Com colaboração dispersa, no Letras & Letras (Porto), revista Vértice e Parnasur (Revista literária galaico-portuguesa), no Suplemento Açoriano de Cultura do Correio dos Açores, passando pelo jornal Horizonte (Cidade da Praia, Cabo Verde), tem dedicado a sua actividade ensaística à poesia portuguesa e galega. Cronista na Rádio Atlântida e no jornal Correio dos Açores...
Da poesia galega, a sua ensaística tem incidido sobre a poesia de Luisa Villalta ( I jornadas de Letras Galegas de Lisboa, 1998) e a de Manuel Antonio ( Colóquio Escritas do Rio Atlântico, Funchal, 2001).
Publicou em 1996 A Invenção da Morte (ensaio), em 2000 56 Poemas, em 2003 Ilhas Suspensas (ediçao bilingue, castelhano/português) e em 2005 Apenas um Tédio que a doer não chega.


Crónicas
Livro publicado por Incomunidade- Lisboa, 2008
Fragmentos do livro

O Mal da Felicidade


Da felicidade se poderia dizer o mesmo que S. Agostinho dizia do tempo. Se não perguntarmos o que ela é, todos sabemos o que é; se preguntarmos, deixamos de o saber. A ignorância acerca do que seja a felicidade é, assim parece, o máximo de sabedoria a que podemos chegar.
...A moderna psicologia cognitiva sublinha que a infelicidade resulta, em boa parte, de interpretações erradas acerca de nós mesmos e do mundo...


O Limbo


Há conceitos que, pela sua estranheza e excentricidade, captam imediatamente a imaginação. O conceito de limbo será un deles. Reportando-se a uma realidade fluida, ao limbo só a muito custo se atribuirá un referente claro. Mais um não-lugar do que um sítio determinado, mais uma condição do que um estado, ao limbo cabe, com propriedade, o estatuto de indefinição absoluta...
É que, se ao homem é aplicável, em boa medida, o estatuto de ser indefinível_ por não encontrar lugar fixo na ordem das coisas e dos seres_, compreende-se que o limbo exerça um sentimento misto de atração e repulsa...

quarta-feira, setembro 17, 2008

A QUEN AMA O TEU CORAZÓN?

Cando se pechan as luces da cidade é cando o corazón escoita os sons que veñen de lonxe reclamando un minuto de atención. Remata un día e unha case chega a pensar que tamén remata unha historia. Hoxe, nesta noite, haberá quen morra só e sen ter amado xamais e haberá quen tema esa parálise dentro del porque non quere, non pode, nin sabe, cómo despedirse da persoa amada. Iso demostra qeu estou no certo. A vida só é un consumo de enerxía tratando de atopar a maneira de encher os baleiros espidos que nos compoñen. A vida só é unha loita case infinita por lograr sentir, aínda que sexa un atisbo de algo, unha diminuta preguiza que parece querer espertar, un bico na meixela, e logo, máis tarde (se hai sorte), sobre os beizos. Ao final, a vida non consiste máis que en acadar a capacidade de querer.

Quizais por iso sentín tanta pena por aquel rapaz cando o coñecín. Estaba na cama, durmidiño de todo e con escasas opcións para abrir os ollos e mirar aos meus. Hai anos que son voluntaria no vello hospital de Conxo e alí cambio as flores marchitas dos que temen vivir pero non queren tampouco morrer. Carliños era un deles. En cama, a súa existencia pasaba por non ter acenos que contar co rostro; nin un sorriso, NADA. Os pais viñan ben cediño para marchar de madrugada. Cada hora era o fin dunha esperanza por recuperar ao fillo perdido. Pero é o que eu digo. Se un non se ve capaz de notar o calorciño crecéndolle na alma para que a vida? Se cadra -moi probablemente- Carliños, cando viu a moto caer enriba seu non se apartou, porque... para qué seguir intentándoo se a muller que un escolle, decide fuxir o día da voda con outro home -quen sabe quen- para non retornar?
Ana Valin García

segunda-feira, setembro 15, 2008

Poetas na Rúa, 2008

O día 14 deste mes, Combarro acolleu o VII Festival Popular de Poesía. Os poetas recitaron nunha fermosa praza para un público agradecido, entusiasta... as rúas de pedra vibraron cos versos e a música...
Presentación: Cruz Martínez
Poetas: Alba Cid, Alba Vidal, Alicia Fernández, Ana Valín, Andrea Núñez, Benjamín Ferré, Fran Cortegoso, Iria Gestoso, Laura Sañudo, Mónica Armesto, Naír García.
Música: Tino Baz.

Fotos: rosanegra












































terça-feira, setembro 09, 2008

rosanegra


A orde dos factores non altera a suma
Da aritmética articular
A trigonometría interponse
Entre a ollada inquedante
Do animal racional
O binomio de Newton
Segue aceso nas mentes cáusticas
Mentres Cramer segue buscando
As tres incógnitas matriciais
A numeración pódeme suprimir
1,4,7,89,18,m x,m 2...
E escoito unha voz que di
A e b non son permutables
Mais, son maleables...

domingo, setembro 07, 2008

Fotos do XXII Festival da Poesía do condado

O día 6 estiven en Salvaterra.
Só unhas poucas imaxes, mais a festa prolongouse ata o amencer. Alí gozamos coa palabra vinda do Sahara: Limam Boicha. Portugal: Isaque ferreira. Països Catalans: Núria Martínez Vernís e da Galiza: Xiana Árias, Chus Pato, Pedro Casteleiro, Paco Souto, Concha Rousia, Alberto Lema, Igor Lugrís...
E coa música dos grupos: Canto da Terra (Portugal) A Quenlla (Galiza) Tabanka Djazz (Guiné Bissau) e Pirats Sound Sistema ( Països Catalans).

Na foto, os presentadores:
Luís Caruncho e Pinto d'Herbón.






























>Portada do libro.
No que se inclúen os 16 poetas que participan este ano.






Graciñas a María Lado pola súa colaboración. Sacáchesnos moi ghuapos!!!.

Cruz Martínez

sexta-feira, setembro 05, 2008

Pisadas y faragullas


Tierra seca

Semiente magurienta
nun grana
nesta tierra seca,
gris ya polvorienta.
Las raíces rotas.
Namás queda una cana
verde
no árbol de la era.
Riégala una gota d'augua
de los mious güeyos.

Tierra seca.
Miedran toxos
ya gairuetas
naquel paisaxe.

iQué silenciu!

María Esther García López


Dos seus libros Pisadas, Uviéu, Academia de la Llingua Asturiana, 2008 y Haikus. Faraguyas, Ediciones Madú, 2007 ("Entamu" de Roberto González-Quevedo).

Envíado por "Portal de Poesía".

terça-feira, setembro 02, 2008

I Xuntanza "A Ruta da Pedra e da Auga"













Os concellos de Meis ( Armenteira) e Ribadumia, celebraron o domingo 31 de agosto a inauguración do seu patrimonio cultural e natural. Foi unha fermosa festa amenizada polo baile rexional, a música dos grupos: A RODA, ALECRÍN... e diversas actividades para os máis pequenos.




































Os amantes da natureza, xa poden visitar este fermoso espazo que nos convida a rememorar o pasado labrego na Galiza. Os muíños fonte de vida para os galegos, teñen unha historia que contarnos en cada muiñada...


rosanegra e Cruz Martínez

Fotografías: Cruz Martínez