
A pena do Cabrón
no último salaio dun verán
resistindo, home non!
agochada nas saias de A Guía
no marco dun toro de piñeiro
agarda unha marea chea
que enchoupe de bágoas a historia
e as cinzas da memoria
.................. Alfonso Láuzara

A pena do Cabrón
no último salaio dun verán
resistindo, home non!
agochada nas saias de A Guía
no marco dun toro de piñeiro
agarda unha marea chea
que enchoupe de bágoas a historia
e as cinzas da memoria
.................. Alfonso Láuzara
o doce estado da sonolência
A Illa de San Simón: Ben de Interese Cultural. Sitio histórico. "A Illa da Memoria" - As illas de San Simón e san Antonio son un excepcional e paradisíaco enclave situado na ensenada que conforma o fondo da Ría de Vigo, fronte a Cesantes. A intensidade da súa historia e a súa carga dramática xeran no seu entorno un universo literario e de memoria de grande importancia chea de simboloxía.
Xunto á Avenida de Teruel (en homenaxe dos presos á República, trala toma de Teruel en 1938), é tamén un tránsito emblemático o Paseo dos buxos (á dereita) flanqueado por buxos centenarios de grande porte que forman unha especie de bóveda xerando unha atmósfera singular. 
SÓS
.

Onte á tarde, @s veciñ@s de Teis, amparad@s no Artigo 31 da Lei de Costas, volveron a "asaltar" a praia da ETEA en Ríos, para reivindicar outra volta o libre acceso e o uso público e gratuito dun espazo que é de tod@s, pois forma parte do Dominio Público Marítimo-Terrestre.
Fóra muro da vergoña con arames de espiños!!
Vaia vaia vaia... Teis ten praias!!
........... - tioTeis -