Non lembro a data exacta, soubemos que se achegaba o momento de defender o xeito de vida dun, o noso, grupo de persoas, homes e mulleres donos de si mesmos, en perigo por unha outra vida dona dun todo meirande. O fracaso chegou logo, presto a definir os nosos azos en minoría - antes morrer que saír derrotados! - vencidos sucumbimos.
.candeas
como mastros
enxurran o ceo
non tiven a oportunidade
de advertir
o tempo ergueuse contra nós
aló ficamos
no bambán das ondas
aló tamén
onde
a auga
repousa
.......................... Alberte Momán
Sem comentários:
Enviar um comentário