terça-feira, fevereiro 28, 2006

EIS A CUESTIÓN

(dedicado á Marcha mundial das Mulleres e á revolución violeta)

Eis a cuestión, meu amor...
¿Colocou o Concello máis luces na cidade
ou pasa que eu as vexo a pares?
Luces, voces, ruidos, estrelas e cascos de cervexa.
Achégome no Casco Vello a mascar un bico de mugre
Contente ..... na caixa nova de música e burbullas
de couldina, ron cubano e pratos combinados
alimentando caries de cine negro
famenta de empastes gratis e sen dor
enfrascada nun intercambio solidario
exquisitamente vacteriano.
Inxesta alucinóxena de cuspe ardente
vaise apurando a noite indecente
para navegar perdidos na fría madrugada
e deitarse ó fin dun canto pirata
despois dunha triste mascada.

Pasa que te vexo e non te vexo
e non sei se eras tan dura en coiro negro
ou me matas agora de terror desarmada de envoltorio.
Ainda non sei se foi para entrar ou sair da cama
cando ollei a barra dando unha volta de campana.
Esperto pola mañán en bragas negras
enforcado cunhas medias negras nos cabezais da cama.
Pasa que este 29 de febreiro escomenza macabro.
Pasa que non sei se merezo vivir un Oito de Marzo.
Eis a cuestión... ¿Que me queres, amor?

............... - Alfonso Láuzara -

segunda-feira, fevereiro 27, 2006

Cesaria Évora

O mundo da lusofonía e ben diverso, dende o Timor Leste ata o Brasil amazónico. Cesaria Évora pertence ó mais perdido e abandonado deses mundos, ás illas do Cabo Verde, arquipélago no que deixou hai anos de chover, bahías de mercantes varados no óxido e xentes que poden so ollar cara ó mar no medio do Atlántico.
Esta muller de sesenta e cinco anos cantou nos bares e nos barcos, vendeu tabaco, abandonouse ó alcol, sempre cos pés nus sobre as rochas da súa illa, e seguiu a cantar as penas e a soidade ata que foi recuperada, xa con case cincuenta anos.
Agora comparte a tristeza profunda, a alegría melancólica, con todos nós a traveso dos seus discos.
SANGUE DE BEIRONA


Quem kré sabê
Se sangue de Beirona
é sim sabe
El ba panhal
La na fundo di ladera
Sangue de Beirona
El é sabe, el é doce
Si bo k'otcha'l
La na fundo di ladera
Bo ta culpa
E quem faze'b ess coladera

domingo, fevereiro 26, 2006

BREUDEUR (Irmaus)

Kalz a dud a gerzh tre em c´hichen
N´anavezan ket anezho. Din-me int estrenien.
Met dit-te zo pell du-hont,
En tu all d´an dezerzhioù ha d´al lennoù,
En tu all d´ar savanennoù ha d´an inizi,
Evel d´ur breur e komzan dit.

M´eo dit-te ma nozvezh,
Ma sav da zaeroù em daoulagad,
M´eo heñvel hon huchadennoù,
Evel d´ur breur e komzan dit.

Daoust d´hor gerioù bezañ disheñvel,
Ha te du, ha me gwenn,
M´eo heñvel hor gloazioù,
Evel d´ur breur e komzan dit.

Dreist an holl harzoù,
Dreist ar mogerioù hag ar peulgaeoù,
M´eo heñvel hon hunvreoù,
Evel d´ur breur e komzan dit.

Ma´z eus ur vammvro voutin dimp-ni hon-unan,
Ma´z eus ur stourm voutin dimp-ni hon-unan.
Ma dorn a roan dit,
Evel d´ur breur e komzan dit.


Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao bretón por Natali Raoul.

*** *** ***

A Porta Verde
pola irmandade galego-bretona!!

sexta-feira, fevereiro 24, 2006

O siño Blas

Tiña uns 92 anos cando lle dixo ao bisavó:
_Eu teño máis forza aghora que cando era mozo.
_E logho por que? -preguntoulle o bisavó.
_Si recoño! porque cando era mozo saltaba valos e aghora levos por diante.

quinta-feira, fevereiro 23, 2006

Os merdeiros de Vigo

(...) "Felizmente na nosa abella da ribeira aínda contamos coa memoria dunha máscara tradicional: os "merdeiros" ou "escabicheiros" do barrio de pescadores, figuras que satirizaban ou parodiaban cruelmente aos campesiños que viñan a Vigo a limpar os pozos negros e recoller o escabiche, os refugallos do peixe no peirao do Berbés, co que estercaban as súas leiras. Unha máscara desaparecida a partir de 1936, que pretendía ridiculizar de forma festiva, e algunhas veces provocadora, aos campesiños nun ambiente netamente mariñeiro.
Hai xa cinco anos propuxemos a posibilidade de recuperar e dar nova vida a esta máscara viguesa, descrita por Vicente Risco e debuxada nos traballos etnográficos publicados polo entrañable Xoaquín Lourenzo. Iniciativa que axiña foi recollida polo Plan Comunitario de Teis reinventando o humilde disfrace de merdeiro: camisa branca arremangada, chaleco e pantalón de pano a xogo, polainas e zapatillas brancas. Máscara de confección ben sinxela que, se seguísemos a descrición de Risco e Lorenzo, debería enriquecerse na parte posterior do chaleco cunha aplicación de tea que, semellante a dos cigarróns ou a dos peliqueiros, representase símbolos astrais ou animais: o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña... Tampouco habería que esquecer o pucho de pano branco cunha tira vermella ou verde no bordo e un sol ou unha lúa de pano ganduxada no alto.
A imaxinación que se lle queira botar e as novas tecnoloxías da costura e dos tecidos poden levar a insólitas variacións na fasquía desta máscara de entroido, xenuinamente viguesa, que protexía as súas partes co peluxe dunha vasoira ou cunha ristra de cebolas, pendurada dun cordel atado á cintura sobre unha faixa azul, verde ou encarnada. Sen esquecer que non lle pode faltar unha vara ou un farol, que poden ser substituídos polo mango dunha vella vasoira ou por unha verza, xa que gostaban de vagar en solitario polas rúas, choutando, como fan os Troteiros de Bande, diante da xente e botando para diante o seu colgarexo.
Neste entroido 2006 a recuperación do disfrace dos merdeiros de Vigo parece un feito consolidado. Grazas á iniciativa da Asociación Cultural A Revolta do Casco Vello (Real 32) e ao traballo de investigación e divulgación de Gerardo González, cinco merdeiros troulearán polas rúas do Vigo vello. Parabéns para estes mozos que recuperan así un dos sinais da nosa memoria. Benvidos, merdeiros de Vigo!"
Manuel Bragado
(Faro de Vigo. Domingo, 19 de febreiro de 2006)

terça-feira, fevereiro 21, 2006

rosanegra




Cando todo sabe a mazá
De nada serve esfolar a verba
Pronunciada no florecer dos tempos
Cando todo ule a tedio
De nada serve romper o tímpano
E achantar as gañas de morrer
Cando todo soa a ruídos teledirixidos
De nada serve escoitar a vida
Pasar entre os dedos
Cando todo deixa de ter importancia
De nada serve mirar ao mañá
E soñar

domingo, fevereiro 19, 2006

Pucho Boedo


Cantante da orquestra Os Tamara, foi fillo dun anarcosindicalista coruñés asasinado cando a Guerra. Foi o primeiro en recuperar a canción en galego en Suíza, e o primeiro que lles puxo son, dentro da música popular, aos versos de Curros, Celso Emilio ou Rosalía. Fanse vinte anos do seu pasamento.
O Vello e o sapo
Da aldea lonxana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.

Un vello, arrimado nun pao de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topóu no camiño
e nela sentóuse pra folgos tomar.

-¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!¡qué triste eu estóu!

I on sapo, que oía,
repuso: -¡Cro, cro!

¡Ás ánemas tocan! ... Tal noite como ésta

queimóuseme a casa, morréume a muller;
ardéume a xugada na corte, i a besta,
na terra a semente botóuse a perder.

Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando non topo pechadas as portas
os cans sáienme a elas e fanme fuxir.

- Canta, sapo, canta; tí i eu ¡somos dous! ...

I o sapo choroso,
cantaba: -¡Cro, cro!

Soliños estamos entrambos na terra.

mais nela un buraco tí alcontras i eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
i a min as entranas i os ósos me rón.

Tí, nado nos montes, nos montes esperas,
de cote cantando, teu térmeno ver;
eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
e morte non hacho, si quero morrer.

-Xa tocan ... Recemos,
¡que dicen que hai Dios! ...-
El reza, i o sapo
cantaba: -¡Cro, cro!

A noite cerraba, i o raio da lúa

nas lívidas cumes comenza a brillar;
curisco que tolle nos álbores brúa
i escóitase ó lexos o lobo oubear.

O probe do vello cos anos cangado

erguéuse da pedra i o pau recadóu;
viróu para os ceos o puño pechado,
e cara ós touzales rosmando marchóu ...

Cos ollos seguíndoo
na escura estensión,
o sapo quedouse
cantando: ¡Cro, cro!.

Curros Enríquez

sexta-feira, fevereiro 17, 2006

Versos da outra campaña

Bota a andar
o escarabello chiapaneco
deslizase
o caracol lacandon
avanza
o pinguino zapatista

Animais de paso lento
e seguro pues

Dende chiapas
varios corpos dan a cara
por la otra campaña
son descubertas caras
que traballan caladas
a cara que fala
vai destras do pasamontañas

Son cociñeiras blaseñas
nais e avoas e fillas son
son fillas da terra nai
nais duns presos sen razon

Son cociñeiras blaseñas
grandes potas colectivas
fan comidas para tod@s
que se coce autonomia

A viva memoria das zapotecas
a longa historia dos mixes
as escuras raices das chinantecas
as humidas cancions das ikoots
o duro camiño dos mixtecos
os bermellos huipiles das triquis
as ricas nubes dos oaxotecos

Manolo Pipas
Terras de Oaxaca 2-06

quinta-feira, fevereiro 16, 2006

A PORTA VERDE (foto)

Aportaverde

A Porta Verde do Sétimo Andar:

(de esquerda a dereita)

Rosanegra (Rosa Martínez),

Cruz Martínez, Alberte Momán,

Abilio Rodríguez, Alfonso Láuzara,

e Luís Viñas.

(no café Lenda Moura, de Vigo - GALIZA)

Saúdos e agradecementos ao noso nutrido grupo de colaboradores e colaboradoras. A porta sempre está aberta. Pasade sen chamar!

quarta-feira, fevereiro 15, 2006

Na porta verde do sétimo andar

A Alfonso, que me ha invitado a entrar
por la puerta verde del séptimo andar.
A todos los poetas que he encontrado
allí, entrando por la misma puerta.

Na porta verde do sétimo andar
hay un duende inquieto que me guiña un ojo
mientras yo me duermo y en mi sueño acojo
los versos que escapan queriendo jugar.
Estrella bohemia el duende me nombra
me invita a su juego de palabras quietas
el duende me mima, me ríe, se asombra,
y esa noche reposo serena entre poetas.
Hogar de bohemias y libres lecturas
pasas “Lenda Moura” por entre mis líneas,
rompiendo la ira de oscuras Erinias
envuelta entre sedas y tiernas criaturas.
Poemas, poetas; de ideas manojos,
creativas noches cual lunas de mar,
viernes que mis versos escuchas cantar,
en tu andar desnudo pasados cerrojos
O trasno do bosque que un ojo me guiñas
Y en horas de insomnio despacio me duermes,
inconcluso letargo donde espectros verdes
estremecen un suelo sembrado de viñas.
Si me pierdo deténganme al borde
del abismo donde quiera lanzarme
porta verde que mi infancia desborde
y a mi misma permita abrazarme.
De palabras gallegas me envuelves
en tu umbral me despierto y te canto
¡ay Galicia que tierna te vuelves
si me arropas sublime en tu manto!
Me recibes, me observas, me alojas,
porta verde do sétimo andar
en tu marco me quiero quedar
pues de mí ni de mí me despojas.
Que agasajo apacible recibo
de esos bardos que en tu puerta moran,
son tus versos el canto más vivo
que mis ansias cubanas devoran.

Orisel Gaspar
Vigo. Galicia. 2005

¡Que tempos aqueles!

(detalle de loispunto)

terça-feira, fevereiro 14, 2006

Cruz Martínez

A miña pel imprégnase de tona
e agarda o roce da larpeira lingua
que procura os meus amorodos

O AMOR

“A característica máis transgresora do amor é que está fóra do mercado. Non se pode mercar e, ao mesmo tempo, está ao alcance de calquera. Cando está, porque para ben ou para mal síntese ou non.”

Magda Bandera
(magazine de Faro de Vigo – 12 de febreiro de 2006)

A dura cara da fame


Finbarr O´Reilly (Canadá).

"World Press Photo 2005"

(detalle de loispunto)

domingo, fevereiro 12, 2006

Ana Cibeira

XAMONXAMONXAMONXA...

II

...pero o número trece é un gato negro que se cruza entreaspernas,
ou algo peor, unha gata]


Antes dos trece non había gota de auga
despois da estación das chuvias medrou o bosco,
sucederon incendios provocados por guerrillas verdes
armadas e camufladas contra o exército de liberaciónos

inimigos, vencedores, arrebatáronme a tranquilidade
no val onde nacen os terremotos
críanse tremendas as serpes
e sangrei.

Atopeime con dedais no sitio das unllas

cunhas pernas tan peludas coma as das tarántulas
tiven que suxeitarme ao chan
mentres tremía o ceo
para recuperar a canción que me viñera á boca un día calquera:

teño un pecado de seda
morada e penitente
puntillas áureas
e enrugas verdes,
sentimentos de botón enchendo saquiños de lume
escondidos entre a carne
LA RALARA LAROOO ...

[ De Diario dunha burguesiña algo masoca...Feliz e Sangrando, 1999, Inédito]




Irmãos (Irmaus)

Caminham a meu lado muitos homens.
Não os conheço. São-me estranhos.
Mas tu, que te encontras lá longe,
para lá dos desertos e dos lagos,
para lá das savanas e das ilhas,
falo-te como um irmão.
Se a minha noite é tua,
se os meus olhos choram o teu pranto,
se os nossos gritos são iguais,
falo-te como um irmão.
Ainda que as nossas palavras sejam distintas,
e tu negro e eu branco,
se temos semelhantes as feridas,
falo-te como um irmão.
Para lá de todas as fronteiras,
para lá de muros e valados,
se os nossos sonhos são iguais,
falo-te como um irmão.
Ambos temos a mesma pátria,
temos a mesma luta.
Dou-te a minha mão,
falo-te como um irmão.


Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao portugués por Joaquim Azevedo Mendes.

...................... *** *** ***

A Porta Verde
pola irmandade galego-portuguesa!!

quarta-feira, fevereiro 08, 2006

PABÍO

Mirade como se aviva
a esmorecida chama
desta hora.
Prófugo
lume aliado no noso soño,
pabío delincuente
no noso transitorio errar,
onde pisar a terra da consolo,
de tan sincero e grácil,
onde se cumpre
o noso cometido
inacabable de tecer a dita.

Escánciache
a túa calor na cunca
da nosa recibida claridade.
Es burbullar
candente na saúde,
bágoa sen motivo,
mudo pranto
no colmado estupor desta apurada tarde.

¿Quen che prendeu a esca
e malgastas agora tanto afán,
legando a túa carne á penumbra?.

Hora xa de ninguén,
relampo efémero,
o teu lado tamén nos consumimos,
contigo cara a sombra,
contigo en desamparo;
e nos estremecemos
no apracible relente
de quen dúbida.


Telmo Fiz

terça-feira, fevereiro 07, 2006

Cándido

Alí está agora mesmo, Cándido,
O palomo, coa gorra gris calada
e o record fumegante entre os seus dedos,
cantando con alarde de tanguista ,
fronte a prudente copa de garvey,
na barra do Marusía.
Escóitoo agora mesmo,
como se aquel verán se lle parasen
as agullas do reloxo nesa hora secreta,
co bater das cuncas,
pratos, e turistas suplicando unha tapa de polbo;
a súa desgarrada voz
entoando a Carlos Gardel,
e Adiós muchachos compañeros de mi vida
Decátome agora que es o símbolo
de todos os homes,
o arcano marcado do naipe do destino,

que procuro salvar con escasa destreza do esquecemento. /

Rafael Viñó

domingo, fevereiro 05, 2006

ALBOR

Comer a noite cos ollos,
nas túas meniñas,
o palpitante alento da miña vida.

.............. Sen sabelo,

............................. prendado durmo,

............................................. no fondo dos meus días.


................................. Como Sol que espera o albor
........................................... dos meus soños.


Alberto Fernández

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

rosanegra

Nas lapas do lume consumida
agardo en cinzas
e renazo coma unha ave Fénix
que soñando escoita unha verba
somerxida na nada da materia
Aspit Retor

quinta-feira, fevereiro 02, 2006















SE HABITARA EN TI POR UNHA NOITE
..................................................COMO O MAR
habita na rocha mentres sube,
iría-te facendo becho, samesuga, lontra ou lúa.
Tardaría todo o tempo dos bois ata chegar ao linde
e tí serías paso de cerva na sendistancia
da voz e os labios doces esbarándo-nos das maus
/fonemas blancos/
ata ergueita plenitude do sintagma.

Xosé Vázquez Pintor
do libro "Na vertical da noite"
Premio Cidade de Ourense 1989

quarta-feira, fevereiro 01, 2006

Cruz Martínez


O BEIZO ANSÍA LAMBER A ORIXE DA VERBA
...........................coma xelado de chocolate
..................................................nun cucurucho

Ensarillado na obsesiva reprodución
Vómitos incontrolables, hipérboles
..........................................metáforas
.................................sen pentagrama
e pérdese nos bares abertos á amencida

As noites, amantes fecundas
.....................a veces durmidas
estouran na aridez máis profunda e desolada
As curuxas anuncian morte
Morre aforcado co fío do móbil o frustrado poeta
Aquel que, ancorado nos febles valos da arrogancia
.........................................................................saboreou
..................................................................apalpou o éxito
no enganoso vidro de auga
que reflexa a súa imaxe coma a dun narciso
Mentres se celebra un velorio que a ninguén importa
......................................... ................................Expóñense
ofertas de ovos do país no supermercado de enfronte

Margaridas no inverno

(postal de xaneiro, a tod@s con tenrura)

Choven margaridas pequenas
moreas delas neste inverno
caen, descenden mainas, tenras
e tinguen a rúa dun branco intenso.

Xogan mozos e mozas na rúa
sobre o manto inmaculado de xeo
e o aire ateigado de margaridas continúa
trocando a imaxe de herba e cemento.

Tra-los cristais adormecen os vellos
que outra coma esta case non lembran
na humidade fría do noso inverno.

Chegou neste seco e frío inverno
unha primaveira de margaridas
divertida pros nenos, inmemorábel pros vellos.

Alfonso Láuzara

Un poema de Minus Bálido

Acomódate e reláxate

Diapositívate e flúe

Disfruta do audiovisual
Da peceira coas cores
Fóra hai demasiada vida
Heroinízatecybersestea
Comunicación dixital
Proclama tecnolóxicamente:
Quero foie-gras desarrendado
Bolachas con azúcar glass
Desgasificadas;
Canto tardarán?
... pronto, prontiño
á volta da esquina
está a superficie,
alunizaremos en minutos
descorche o cava ou champagne
dése unha hidromasaxe
nun plis plas virá.
Din don... dín
Algo de non sei que?
Alcumado non sei canto?
Chamado cyber-bur(go)-bullía
Instalación e eternidade.
Máis alá estará o mar!!


Minus Bálido