terça-feira, fevereiro 07, 2006

Cándido

Alí está agora mesmo, Cándido,
O palomo, coa gorra gris calada
e o record fumegante entre os seus dedos,
cantando con alarde de tanguista ,
fronte a prudente copa de garvey,
na barra do Marusía.
Escóitoo agora mesmo,
como se aquel verán se lle parasen
as agullas do reloxo nesa hora secreta,
co bater das cuncas,
pratos, e turistas suplicando unha tapa de polbo;
a súa desgarrada voz
entoando a Carlos Gardel,
e Adiós muchachos compañeros de mi vida
Decátome agora que es o símbolo
de todos os homes,
o arcano marcado do naipe do destino,

que procuro salvar con escasa destreza do esquecemento. /

Rafael Viñó

Sem comentários: