II
...pero o número trece é un gato negro que se cruza entreaspernas,
ou algo peor, unha gata]
Antes dos trece non había gota de auga
despois da estación das chuvias medrou o bosco,
sucederon incendios provocados por guerrillas verdes
armadas e camufladas contra o exército de liberaciónos
inimigos, vencedores, arrebatáronme a tranquilidade
no val onde nacen os terremotos
críanse tremendas as serpes
e sangrei.
Atopeime con dedais no sitio das unllas
cunhas pernas tan peludas coma as das tarántulas
tiven que suxeitarme ao chan
mentres tremía o ceo
para recuperar a canción que me viñera á boca un día calquera:
teño un pecado de seda
morada e penitente
puntillas áureas
e enrugas verdes,
sentimentos de botón enchendo saquiños de lume
escondidos entre a carne
LA RALARA LAROOO ...
[ De Diario dunha burguesiña algo masoca...Feliz e Sangrando, 1999, Inédito]
Sem comentários:
Enviar um comentário