(postal de xaneiro, a tod@s con tenrura)
Choven margaridas pequenas
moreas delas neste inverno
caen, descenden mainas, tenras
e tinguen a rúa dun branco intenso.
Xogan mozos e mozas na rúa
sobre o manto inmaculado de xeo
e o aire ateigado de margaridas continúa
trocando a imaxe de herba e cemento.
Tra-los cristais adormecen os vellos
que outra coma esta case non lembran
na humidade fría do noso inverno.
Chegou neste seco e frío inverno
unha primaveira de margaridas
divertida pros nenos, inmemorábel pros vellos.
Alfonso Láuzara
Sem comentários:
Enviar um comentário