quarta-feira, fevereiro 08, 2006

PABÍO

Mirade como se aviva
a esmorecida chama
desta hora.
Prófugo
lume aliado no noso soño,
pabío delincuente
no noso transitorio errar,
onde pisar a terra da consolo,
de tan sincero e grácil,
onde se cumpre
o noso cometido
inacabable de tecer a dita.

Escánciache
a túa calor na cunca
da nosa recibida claridade.
Es burbullar
candente na saúde,
bágoa sen motivo,
mudo pranto
no colmado estupor desta apurada tarde.

¿Quen che prendeu a esca
e malgastas agora tanto afán,
legando a túa carne á penumbra?.

Hora xa de ninguén,
relampo efémero,
o teu lado tamén nos consumimos,
contigo cara a sombra,
contigo en desamparo;
e nos estremecemos
no apracible relente
de quen dúbida.


Telmo Fiz

Sem comentários: