sábado, junho 12, 2010

DESEXO

.
Desexo...
coa sutileza dunha acuarela
dar formas aos meus pensamentos
que non son senón
gromos de sentimentos.

Coa musicalidade serea
da chuvia sen vento
compoñer...
con gotas de palabras
versos de recordos
macerados no leito do tempo.

E...
co tesón dese mar
que con brazos de onda
labra parcelas de rocha e area

desenrolarme sen desalento
empíricamente madurando
no devir do coñecemento.

.
- Susana Pazo Maside -
.

Sem comentários: