CASA MUSEO DO PINTOR DIEGO DE GIRÁLDEZ
A Casa Museo do pintor e escultor Diego de Giráldez abriu as súas portas en maio de 2006, para nos presentar a obra deste magnífico pintor, natural de A Cañiza.
A casa consta dunha colección de obras do propio pintor nun número aproximado de 250 pezas, que abarcan dende a súa infancia ata a actualidade.
O pintor e escultor Diego de Giráldez é recoñecido ao tempo que está representado en máis de cen museos de todo o mundo. É un artista que conseguiu xa hai tempo un merecido lugar dentro da pintura contemporánea española. O seu interese pola anatomía e o feito de ser o creador do “Realismo NAS”, que o artista define como a súa particular fusión entre o naturalismo, abstracción e surrealismo, avalaron o seu ascenso á primeira línea dos pintores deste século XXI.
Praza Maior, 4
Entrada pola rúa da Botica
Concello de A Cañiza
Tlf: 986 652 132
Entrada pola rúa da Botica
Concello de A Cañiza
Tlf: 986 652 132
Aberto todos os domingos do mes de xullo en horario de 17 a 20 h.
Entrada gratuita.
Entrada gratuita.
Visitas para colectivos (asociacións, colexios...), concertar cita co departamento de cultura do Concello de A Cañiza.
Sem comentários:
Enviar um comentário