."Espida no espazo" (1992)
.
Dicir dun xenio é nunca dicir dabondo.
Foi primeiro excursión en amizade
e logo xa inminente incursión artística,
viaxe impresionante sen espazo.
Adentreime nos oníricos corredores
e canso de perseguir musas nos meus soños
enfilei polos labirintos reais do mundo NAS,
deixeime simplesmente levar do instinto.
Aquela lus na dose xusta como nas esencias
ía paseniño envolvéndome os sentidos.
E olla ela que alí estaba!
a mirare para outro lado en disimulo,
a musa de ensoño, distraída, exultante,
espida no espazo como ausente ou abstraída,
dona da lus que a súa beleza plena xera.
Entón comprendín aínda abraiado
que só un xenio de seu é quen de capturar
unha musa de ensoño nun lenzo!
.
- Alfonso Láuzara -

2 comentários:
Só poderia mesmo ser a musa de um génio, para servir de inspiração a tão belo poema.
Beijinho Alfonso
Oi Ana! musas há muitas! Por acaso habitam nossos sonhos, mas não sempre aparecem! ;-)
Muito obrigado pelas tuas palavras, linda.
Beijos
- Alfonso -
Enviar um comentário