quinta-feira, abril 13, 2006

Cruz Martínez


Unha viaxe a Oviedo. A cidade e a estatua que lle dedicaron a Woddy Allen inspiraron este poema.

É un día gris de outono
As rúas amosan un brillo que semella
unha lanterna acesa no canto dunha porta
Chove, e a humidade intérnase nos ósos
amodo
Percorre coma unha caricia nuns ollos ávidos
de formas
é visión de láminas grises que invaden
unha memoria
Liñas de edificios érguense coma árbores petrificados
ataviados con follas de cemento
deseños de séculos conviven nunha paisaxe
que amorea liñas diversas nun lenzo
Os volumes gravitan no espazo
adquiren movementos de frescura
que se senten na pel
e o ollo paraliza a luz das avenidas
que trazan somnámbulos tapices nas xanelas

Na praza, a imaxe dun Woddy Allen quedo
chíscache un ollo
De repente, a realidade é un semáforo en verde
unha cabina
transeúntes con présa

Non obstante
a estatua do home fai análises de si mesmo

Sem comentários: