Cando menos o esperes,
sentirás un fugaz calafrío,
un belisco na alma
e un nó desatándose cara os adentros.
Escoitarás ouveos, máis alá, na outra beira,
chapúceo de remos,
e unha man que arrima un pálido candil
ao teu rostro invítate a embarcar
-non esquezas a tarxeta de crédito, cambiou
moito a nosa mitoloxía.
Cando baixes a garda, chamará a túa porta
con furtivos cotenos de néboa
e pronunciará o teu nome
coa voz entalada dos seres de ultratumba.
É doado.
............ As parcas poden equivocar o fío,
enredar as madeixas, e a errada tesoira,
predestinada para o teu veciño,
ao pigmeo que carga hábil a súa cerbatana
no medio da selva,
........................... curte, sen máis, a túa.
Tantos séculos tecendo e destecendo
derivan en artrose, en dedos homicidas.
Rafael Viñó
Sem comentários:
Enviar um comentário