(baseado nun poema de Cruz Martínez)
DÍA MARRÓN
Marronea óleo oeste
Isobara mar rodea
Ollo meniña ollo negro
Luxación continental doenza
Ollo morte Galiza borrasca
Mapamundi frío roto en pezas
Ovo fritido golfo ferve
Porta escura ollo fiestra
Ollo terra ollo mar rodea
Horizonte piche litoral occidente
Sen sol gasóleo sol oeste
Mar de ron hoxe en día marrón.
Alfonso Láuzara
(o ciclo da inspiración)
4 comentários:
Gostei moito do teu poema, Afonso.
apertas.
Moitas grazas, amig@ anónim@! A min tamén compráceme ler estas cousas, mesmo consegues trocar un día marrón a cores máis cálidas. Sinto non poder identifiar o meu agradecemento, mais desexo que nos sigas visitando. Grazas a ti. Unha cálida aperta.
Animo camarada. A nosa revolución necesita pasar pola túa cabeza. A idea e a palabra precisa que tanto necesitamos,esa virtude que tanto gustamos de compartir,con orgullo galego. Os tempos son chegados, días mellores nun futuro que xa alborexa. Ata a vitoria sempre. Saude e Terra! Viva A Porta Verde!
Uf! Sen palabras. Impresionante. Moitas grazas. Que fermosa primavera, querida prima! Pois aí vai para ti un chuvasco de agradecemento polo teu aprecio excesivo. Todo xermola na persoa mais a revolución ten que ser colectiva, así tal coma este ciclo de inspiración que compartimos neste rincón de A Porta Verde. Agradécense as vosas visitas e participación. Unha aperta!
Enviar um comentário