sexta-feira, março 17, 2006

San Patricio

Hoxe é día de San Patricio, patrono de Eire. Para tódolos que gostamos da cervexa negra é un día grande, co seu trevo debuxado, símbolo éste de Eire dende que o seu patrono intentara explicar -conta a lenda- o misterio da trinidade mediante as tres follas que o compoñen.
Pois ben, nada mellor que poesía irlandesa tradicional para celebraren este día na porta verde -esa cor tan irlandesa.
Triscos líricos (Século XIII)
I
Na serra da Cúa, fragosa e negra,
moran manadas de lobos.
Láiase o vento nas engrobias das súas veigas,
arredor das súas freitas oubean os lobos.
Polo outono o cervo esroubiado e fero
anda a calacear uivante;
riba do seu penedo quéixase a garza.
II
A noite e fría en Móin Mhór,
unha crúa nevarada contra a que o vento rindo sopra
asubía sobor da cuberta do bosque.
V
De cortizo en cortizo vibra espilida a loira abella,
bole ó lonxe coa luz do sol;
leda foxe á chá largacía,
despois métese, lizgaira, dentro da súa cera.

Sem comentários: