Vén a miña man
tarde,
sereno niño,
e sexa a túa luz
gonzo
neste mexerse limpo.
Lévanos do teu corro.
Vén,
aventa o restrollo
desta fraude,
canta doce e alleado,
ese teu ir romeiro,
ese teu andar descalzo
sobre a enlaxada de hoxe.
Das confianza,
....................... irmá tarde.
Vén,
ampáranos no teu colo
con sincero perdón,
bicando a bágoa feraz
do entusiasmo,
outorgando a túa cándida labor.
Dá a túa puntada
de indefensa luz,
vespertina fiandeira,
ganduxa a desmesura
do vento,
e esta costura
persevere
no descaro
de estar aínda vivos;
que o derrame,
que o mal purgue,
que o abure,
sexa a fin de ninguén
o que tamén houbo de ser de todos.
Telmo Fiz
Sem comentários:
Enviar um comentário