para formular unha posible arte poética
Era setembro, viva
aínda na memoria
quedou a oculta pegada,
o cheiro a vide e sombra.
Eras un neno, entón,
de ollos inquedos, outra
esa mirada e o momento
que fuxe hoxe entre as follas
daqueles patriarcais
castiñeiros sobre a orla
do camiño; ruxía
ao noso paso a rugosa
e marela follaxe,
espantado esas rolas
agochadas nas silvas
- un alento de as soas
azoutou a pel do aire.
Advertencia do aroma
murcho daquel outono
eran as cepas novas
e a dozura enxoiada
dos acios, e das follas
esparexidas; a luz
recollida e piadosa
daquela única tarde.
Cifra vana que rolda
a túa infancia aquí,
nestes versos de sombra,
entre as fauces do tempo
que, calmo, nos devora.
Rafael Viñó
Sem comentários:
Enviar um comentário