O escultor Xaime Quesada durante a colocación e montaxe da súa obra no mirador sobre a ría no Paseo de Alfonso XII, en Vigo.
(foto: Ricardo Grobas)
O artista ourensán afincado en Vigo, Xaime Quesada manifestou que é unha homenaxe aos poetas que escribiron en galego. Unha especie de fada montada sobre un pequeno dragón, "que é a especie que disque sucaba a ría baixo as augas, de carácter moi tímido e probabelmente foi vista polo Capitán Nemo cando describiu a bahía de Vigo como a máis bonita do mundo". Esta obra fantástica quere inmortalizar en Vigo a memoria de Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo e Paio Gómez Charino, poetas trobadores que cantaron as excelencias do mar de Vigo e merecen un lugar destacado na memoria da cidade.

A escultura, realizada en bronce con pátina verde, está orientada á bocana da Ría e descansa sobre unha columna de granito pulido duns catro metros de altura, alzándose así máis de 5 metros do chan. Ademáis o conxunto leva unha placa cunha inscrición sobre o sentido do monumento. E no chan hai varios discos, tamén de bronce, para que os paseantes poidan camiñar sobre eles; e cada un ten grabado o nome dun poeta. Asemade o conxunto terá un sistema de iluminación para que poida ser admirado pola noite.
O sitio foi escollido polo propio artista, que cre que o mirador do Paseo de Alfonso é o lugar ideal porque se pode ver perfeitamente a ría dende o propio casco urbano e ademáis está a carón do Olivo, que é o símbolo de Vigo.
(fonte: Faro de Vigo. Sábado, 18 de marzo e 1 de abril de 2006)
Sem comentários:
Enviar um comentário