terça-feira, março 28, 2006

Cruz Martínez

Esváranse ladaíñas nos recunchos dun alma feble
Cínguese o crepúsculo no peito
Firen as xeadas apertas
Das terribles ausencias

Síntese a certeza dun caos que regresa
Onda ti, na media noite
E sabes
Que as lembranzas percorren os soños
Cando dormes
E fan da morte un acto certo

Quixeras ter alzheimer
Pasear polos corredores da ignorancia

Que mágoa, non ter algunha maña
E cambiar o texto deste guión dramático
Do mesmo xeito que cambias as bragas

Que mágoa non ser personaxe
Dun filme de Almodóvar
Onde o drama é consecuencia, visión
Dunha pantalla
Mágoa

2 comentários:

Anónimo disse...

¿Esteruelas?

Anónimo disse...

Esteruelas non!!!!