Os factores de callado
do meu sangue, son antagónicos
e debuxan molecularmente
a esencia, do meu eu
biolóxico e funcional
Son atómica celular
evolucionada nun longo proceso
dunha cadea infinitesimal
de dobre hélice
Son un millón de moléculas
diferenciadas e especializadas
que viven no espazo, tecido
entre a forma líquida
e a fracción forme
dun ser individual,que respira
poesía, nunha combustión enerxética
que me dá vida
Sem comentários:
Enviar um comentário