domingo, janeiro 29, 2006

ARXILOSA de Elvira Riveiro


Cando un se atopa cun libro como ARXILOSA de Elvira Riveiro non pode menos que recomendarllo a todas e todos os que buscan no poesía un latexo sincero e valente do sentimento, do vivido, unha búsqueda sen rebuscado artificio, sen máis dramatismo que a propia vida.
Nos versos de Elvira a poesía é espírito e materia feitos de palabra que agroma a cachón preciso e precioso, chea de cadencias que encerran a tenrura en texturas epidérmicas da arxila moldeada en sensacións. Son versos limpos, amasados de vivencias, orgánicos, telúricos, con ese erotismo das ausencias que deixa pegadas e fracturas.
Como di nun dos seus poemas : “poder prescindir da moderación” e digo eu, sen renunciar á beleza e a creación.

Luís Viñas

Sem comentários: