segunda-feira, janeiro 16, 2006

Cruz Martínez

AFUMADOS CALIDOSCOPIOS
reflicten cadáveres calcinados de indixentes
que ben pudieran ser, un mesmo

As noites afanse á provocada lentura das meniñas
Encadeadas no AQUELARRE
A negra cascuda, axexante
ansía presas para poñer no caínzo
Mais, ignora que os ápteros
tamén aprenden a voar
Mentres isto sucede nun atelier de glamour
Outro eléctrico percorre a inercia do tempo

Sem comentários: