Chegan as primaveras con retrasos
ourizados os días de nostalxias
en plenilúneos de amarguras
cando o corazón non perdoa- sincronismo en desespero-
só caben as esperanzas de marea baixa
despois ven a invernía coma unha traizón
abafado lamugueiro salitroso é a praia
nun tic-tac a mañá a vida sempre en tic-tac
que arrola o tempo do sosego
remorsos do aire que respiras
no anden mudan as paisaxes máis ca ti
desaparecen as toxeiras e todo é céspede mol
deberían apagar a luz nos trens nocturnos
para convidar ao suicidio
e deixar perdidas estátuas de sal
que irían lentamente derreténdose en esporas.
Luís Viñas
Sem comentários:
Enviar um comentário