terça-feira, janeiro 03, 2006

As herbas do descoido

Rebentan de amarelo as xestas,
as vides repousan en feixes inertes
ó pé de cada poste da viña,
unha merla xurde das silveiras e roza este verso,
e do camiño, coa tesoira de podar
e un mollo de dourados vimbios
presos na man dereita
xurde o meu avó
-aínda quedan por atar algunhas cepas-
unha mañá de febreiro tan diferente a esta,
neste cuarto só, fronte ó papel,
escoitando como a herba do descoido
se vai apoderando daquela viña,

traspasando os marcos da memoria.

Rafael Viñó

2 comentários:

Alberte Momán Noval disse...

camaradas,
fechara e volvín...
por canto tempo
?
desculpade a ausencia e a falta de resposta.
a ver se coincidimos en breve.

Anónimo disse...

Ostias tío! Isto si que che é un agasallo republicano de Reis. Arestora a ver se vai en serio. Daquela vou tirar xa uns petardos de carallo, e na próxima visita traeremos dinamita, home non!
Unha cálida aperta, compañeiro!