terça-feira, janeiro 03, 2006

Dente de león

Este apracible rostro,
esta pompa en volutas,
que aquí soña
con irse ao aire,
na súa lene escuma,
sen amarras,
despoxada corola,
que latexa
con ansia de retallo.
Incauta pluma do feliz quedarse,
tan fútil, e tamén á vez tan necesaria,
ao guarecernos no seu leito.
Grazas a ti entendemos
o noso testán signo:
ser desvelados servos pola carne,
e o seu rastreiro término.
Acólloo entre os meus dedos,
e é puxante
embrollo de tesón,
equilibrado enxame;
e sopro sobre o seu nevado cumio,
e é pranto, luz moída.
Este apracible rostro,
aínda ignora que esparexo as cinzas,
trazo con quebradiza
rubrica o noso nome.


Telmo Fiz

Sem comentários: