sexta-feira, junho 16, 2006
NUNCA SE SABE
Cadro da última fornada, interpretación libre
a partir do poema de Alfonso Láuzara "Nunca se sabe"
Luís Viñas
NUNCA SE SABE
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade
Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta.
¿Maxinacións? Nunca se sabe.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Guau,colega, encántame! Coido que o poema acaba de quedar pequerrechiño. Moitas grazas, meu! PARABÉNS!
Parabens tamén para o cadro de Luís Viñas.Góstame.
Xenial! Un cadro estupendo para un fermoso poema. Viva a interacción poética! Parabéns
pinta o luis en colores
escribe o alfonso bonito
gosto na porta verde do voso poético mundialinho
toca lindo lindo
Enviar um comentário