terça-feira, fevereiro 28, 2006

EIS A CUESTIÓN

(dedicado á Marcha mundial das Mulleres e á revolución violeta)

Eis a cuestión, meu amor...
¿Colocou o Concello máis luces na cidade
ou pasa que eu as vexo a pares?
Luces, voces, ruidos, estrelas e cascos de cervexa.
Achégome no Casco Vello a mascar un bico de mugre
Contente ..... na caixa nova de música e burbullas
de couldina, ron cubano e pratos combinados
alimentando caries de cine negro
famenta de empastes gratis e sen dor
enfrascada nun intercambio solidario
exquisitamente vacteriano.
Inxesta alucinóxena de cuspe ardente
vaise apurando a noite indecente
para navegar perdidos na fría madrugada
e deitarse ó fin dun canto pirata
despois dunha triste mascada.

Pasa que te vexo e non te vexo
e non sei se eras tan dura en coiro negro
ou me matas agora de terror desarmada de envoltorio.
Ainda non sei se foi para entrar ou sair da cama
cando ollei a barra dando unha volta de campana.
Esperto pola mañán en bragas negras
enforcado cunhas medias negras nos cabezais da cama.
Pasa que este 29 de febreiro escomenza macabro.
Pasa que non sei se merezo vivir un Oito de Marzo.
Eis a cuestión... ¿Que me queres, amor?

............... - Alfonso Láuzara -

2 comentários:

Anónimo disse...

Que me queres? Que impresión!
Estou poetizada! Si que merece!
Viva o Oito de marzo! Bicos

Anónimo disse...

Grazas, moitas grazas Siareira. Grazas por esa raiola de sol que entra tan cálida pola porta verde co teu comentario. Craro que si, viva o Oito de Marzo! Bicos violetas.