domingo, setembro 25, 2005

DE CATRO A CATRO

... Ao afogado


....XA CHE levaran os ollos
....relingadores de lonxanías
e pescadores de profondidades

...Xa che levaran a voz
...asolagada n-a furna xiróvaga
por onde escoan as tempestades

....Xa che levaran os azos
....enmallados n-a rede sonora
d'os cordaxes ereutos

....O vento aínda escovaba
c'as poutas d'escuma
....n-a xerfa
................mais cadaleitos

.... Ibas xuntando soedades
.....Por un burato d'o Mar
chopaches un día a buscar-te

.....A noiva goleta
.....enloitada de branco
.....que cose roitas esquencidas
.....acena n-o vento as suas velas
como ese pano d'as despedidas *


......MANOEL-ANTONIO

1 comentário:

Alfonso trece disse...

O pasado domingo 25 de Setembro, na fermosa vila de Combarro, un bo poeta de Compostela declarou... "tod@s somos sobriños de Manoel Antonio!".
A frase célebre da tarde foi moi aplaudida. Era o IV Festival Popular de Poesía de Combarro "Poetas na rúa", que resultou coma sempre todo un éxito popular. A PORTA VERDE.. tivo o enorme pracer de ser partícipe e testemuña de primeira liña. Parabens para o Concello de Poio, magnífico organizador do evento.
Por moitos anos! Ogallá! Saúde!