quarta-feira, julho 20, 2005

IRMAUS


Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. sonme extranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
mais aló dos desertos e dos lagos,
mais alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.

Si é a tua a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
Coma un irmau che falo.


CELSO EMILIO FERREIRO

2 comentários:

Anónimo disse...

mira que feíña que é esa bandeiriña (coma todas vamos)

Anónimo disse...

En verdade... podería estar mellor, si, quizais cunha escintilante estrela bermella sobre o Miño azul. Mais non sexas tan simplista, pois deixas a un insatisfeito e cun certo desacougo se un poema coma ese non che di nada. Hai bandeiras e bandeiras: unhas agochan pasados escuros e conciencias imperialistas, outras gozan do orgullo san dun pobo baseado na dignidade a liberdade e fraternidade. Pode que ti só fales dun simple detalle estético, e hainas moito máis feas abofé. Pero ante todo ese é un fermoso poema dun galego bo e xeneroso para a IRMANDADE dos pobos, trascendendo fronteiras. E esa bandeira significa moito para moit@s galeg@s espallados polo mundo adiante ¡onde non haxa un galeg@ neste mundo?! Querid@ "anonimus"... coma un irmau che falo!