Era unha noite de verán no Algarve
e aqueles ollos tristes observaban...
A imaxe do seu corpo parecía filtrarse
nas frías pedras da rúa.
Cruz Martínez
Cântico agrário
vou pra terra da memoria

Castelao dixo que Bóveda non morreu definitivamente xa que nós non enterramos cadáveres, enterramos semente de mártires e de galeguistas.
Pola Memoria Histórica!
O venres 4 de agosto, no café "Lenda Moura". Fíxose a presentación do libro " Amor en feminino", unha recopilación antolóxica de poetas galegas de Maximino Cacheiro Varela. Cruz Martínez e rosanegra representaron "A Porta Verde do Sétimo Andar" colaborando no acto.De esquerda a dereita: Cruz Martínez, Maika Álvarez ( instrumentista da zanfoña) e rosanegra.
Entre os asistentes estaba o pintor Diego de Giráldez, colaborador de A Porta Verde.
Fotos: Atlántico Diario, 13 de agosto 2006


Muller do luar sinistro
prolifero quenturas
inquedo, cando te vexo
pois lanzas olladas pirómanas
cando me fitas tan preto.
Muller que me bicas a ialma
cando me bicas, invocas desenfreno
cos teus beizos de fogo,
e ofrécesme un ceo de altura
co teu luar pequecho no peito.
Muller que galoupas acompasado
dacabalo do meu puro nervio
e medras oblicua, tersa
muller miúda e sen lindes
percutes entre os meus brazos
inmensa ....... espida
na procura do sétimo ceo
onde me levas con tremores de vertixe.
Peitete-cereixa ollando firme
darriba-abaixo, dabaixo-arriba.
Feitizo do luar que palpita
na esquerda do peito novo e feble,
arde na neve o luar-no-leite
atrapado polo meu bico épico
fundido, pulverizado, fervente
no xenuino luar do teu peito.
Móveste na miña cazola de cobre
picante e salgada, Barbantesa,
coma o polbo á feira.
Alfonso Láuzara
rosanegra
Atención, boa nova! O noso querido compañeiro e amigo Manolo Pipas xa ten o seu tan agardado novo libro na rúa. Promete interesante! CONTRAPORTADA:
de pura arcilla os camiños
el color de la madre tierra
puros soños dos meniños
.
mil estrelas sobre o planton
mil petates mil cobijas
mil abertos corazons
.
Os zapatos de taco alto apertan moito