nacín espida.
sen ollos na cara,
nin lingua para me lamber.
medrein barroca, complexa, híbrida.
unha identidade abaneándose
na corda do autocoñecemento.
atopamos cada noite o pracer
das linguas quentes
buscándose
medro dentro teu,
énchoo todo.
fixo o meu sentimento na túa escuridade
e mistúrome coas mazás brancas
dos teus peitos adolescentes.
pálpote coas cuncas
voltas contra min. obsérvasme
nun interminable intercambio de xestos
facemos o amor bruscamente
para descubrir-nos unha e outra:
espidas,
sen ollos na cara,
nin lingua para nos lamber.
Eva Méndez doRoxo
Sem comentários:
Enviar um comentário