quinta-feira, janeiro 24, 2008

Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante I

No lado esquerdo da xanela pousa unha bolboreta
...........................................................................tricolor
...........................................verde, amarela, vermella
Alugada neste espazo, no que habita
Ten penduradas pingas de resío nas paredes
obxectos que recordan a herba mollada
trevos de catro follas, amuletos de boa sorte
e unha figura que se proxecta no centro do cuarto en
.......................................decúbito supino mirando o ceo
pousos de café certifican a fiabilidade das visións
catro bágoas enxoitas descansan na páxina
........................................................daquel libro
que antonte ficou abandonado a carón da televisión
Un corazón con marcapasos atravesa carreiros
....................................................................estreitos
............................................Sabe que está de prestado
Nese tempo soa un sineiro e o reloxo de peto marca
.............................................................as 12 e un cuarto
Deixa de contar as horas e sente na caluga os ollos
dos xurelos que agardan a hora de xantar
.................................enriba da mesa da cociña
De vagar senta nunha cadeira e conversa
sen présa, e debuxa a silueta do vento
.........................................cun dedo no mantel

Cruz Martínez

Segundo premio de poesía do "1º Certame Literario TERRAS DE CHAMOSO".
O Corgo (Lugo) 2008

Sem comentários: