segunda-feira, janeiro 28, 2008

MOMBUS- Empresa monopolizadora

La Unión-Mombus é unha empresa de transporte que ten a teima de prexudicar aos usuarios da liña Armenteira-Pontevedra. Nos últimos tempos Armenteira séntese afectada polos múltiples cambios de horarios, transbordos e subida de prezo... cando os seus servizos non están adecuados ás necesidades esixidas.
Queremos deixar constancia aquí da nosa queixa. Agardamos que este problema teña pronto unha solución satisfactoria.

Cruz Martínez e rosanegra

2 comentários:

Anónimo disse...

Lamentablemente non é a única línea seriamente perxudicada, son todas as que cubre esta empresa. Este asunto ven de atrás, dende que Monbús do Sr. López iniciou o seu monopolio imparable e nefasto para a rede de transporte de Galicia. Así constituiuse nun cancro que os poderes públicos deberían solucionar dunha vez por todas, que xa ven do sistema clientelar da Xunta de Fraga. Canto botamos de menos aquela que foi empresa emblemática galega, CASTROMIL! Así era ata que Raúl López meteu aí as súas sucias pezuñas, coma noutras tantas empresas de transporte, para grandecer o seu particular monopolio. Lamentable, moi lamentable! E non pasa nada...
Un puto escándalo!

a porta verde do sétimo andar disse...

Sí, amigo sí... é un puto escándalo!
Nós xa estamos fartas de loitar. Deixamos queixas e fixemos denuncias mais a dita empresa segue igual, facendo o que lle peta.

Graciñas por deixar a túa opinión e apoiarnos neste asunto que nos concirne a todos.
Saúdos
rosanegra e Cruz