quarta-feira, janeiro 02, 2008

Déranlles un códice con acceso directo a algures

A suxestión encubriuse de formas múltiples
.......................................realizou malabarismos
fixeron vodú nos calcaños avermellados
................................de marxinais colectivos
A fraxilidade a piques do abismo
sorpréndese á deriva, dunha a outra
...................................congregación ficticia
Divindades botadores de cartas ou
....................................que importa o reclamo
ou manancial do que flúe a ideoloxía
se é o obxecto directo que promove
...............................que arrastra aos febles ao camiño
Lévaos a abstracción
....................ao galope dunha luz portátil
Convencidos da resurrección
cumpren vixilias prefixadas
coidan que a incorporeidade
traza accesos nítidos a un paraíso
Entrementres, na carballeira escurecida
..............................................................seica
.......................viuse unha recua de cogomelos asasinos
Cruz Martínez

Sem comentários: