Difusora abre a nova colección Literal, dedicada a narrativa e poesía.
.
Sobre a obra:
Detrás dunha caixa rexistradora atopei a submisión a un traballo atordante, a necesidade que a miña protagonista ten de sentirse acompañada, de volver formar parte do mundo. Detrás dunha caixa rexistradora atopei un dos grandes males da sociedade deshumanizada.
Alberte Momán
.
A premisa de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta breve pero intensa amálgama devidas frustradas, vítimas da necesidade. Unha visión optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando a controlaren o propio destino.
O libro inclúe, con cada exemplar, o caderno de poesía Déixanse levar, do mesmo autor.

Sobre o autor:
Alberte Momán (Ferrol, 1976). Enxeñeiro técnico agrícola. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Como escritor, é autor de diversas obras premiadas, como O lobo da xente (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), Erótica (Premio Francisco Añón de Poesía 2004) ou O pasado nas horas (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004).

Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.
.
Distribución: Consorcio Editorial Galego
PVP: 14,50 euros
ISBN: 978-84-935223-2-2
Colección Literal, n.º 1. 96 páxinas en branco e negro + caderno de poemas de 12 páxinas en bicolor. Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas. 19 x 15,5 cm.
Primeira edición: febreiro de 2007
PVP: 14,50 euros
ISBN: 978-84-935223-2-2
Colección Literal, n.º 1. 96 páxinas en branco e negro + caderno de poemas de 12 páxinas en bicolor. Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas. 19 x 15,5 cm.
Sem comentários:
Enviar um comentário