O trobador vasco Jabier Muguruza é unha das voces máis interesantes dentro da canción de autor dos últimos anos. Jabier achega o folk do seu país ao jazz a través dos acompañamentos nada descafeinados de Mireia Otzerinjauregui (voz) e de Ángel Unzu (guitarra acústica) cunhas letras honestas cheas de poesía delicada e sensual, que inclúen textos de Bernardo Atxaga, Iñaki Irazu, José Luís Padrón, Gerardo Markuleta, Harkaitz Cano ou Kirmen Uribe, ademais das súas propias. No pasado liderou, xunto ao seu irmán Fermín, unha das formacións máis carismáticas do denominado Rock Radikal Vasco, Kortatu, ademais doutros grupos de combate como Zarama ou Delirium Tremens. Hogano, na súa nova etapa de cantautor armado de poesía, visita Galiza para presentar Abenduak 96, o seu último traballo, de marcado carácter intimista e minimalista cun especial interese polo cotián. Jabier Muguruza está aquí para cantarlle ao cotián. Parabéns!
.
Alfonso Láuzara
Sem comentários:
Enviar um comentário