Haris Alexiou (Grecia) é sen lugar a dúbidas unha das mellores cantantes que existen no panorama musical mundial. E dígoo sen reparo e sen medo a ser rexeitado por alguén. Ela é voz, é presencia, é emoción. Di as cancións, regálanolas envoltas en seda. A súa voz de fume derrámase en sílabas precisas e preciosas; palpita versos, apuñala sentidos, reclama soidades. Descubrila é sentir o hálito primeiro do desexo. Escoitala transmuta a materia en emoción infinda. Haroula (así chámaa quen a trata con amizade) créanos a necesidade de voltar a ela en cada intre. Mergullarse na súa Música é abri-los ollos ó noso interior descoñecido, a ese ser que descoidamos no día a día. Achegarse a ela é o primeiro paso dun longo camiño que percorrer na Música grega, un camiño cheo de grandes sensacións. Iso si, do noso baúl viaxeiro debemos sacar os prexuízos, eses que tantas barreiras crean arredor de nós.
Javi Rai
(para contactar con Javi: tragoudia@ya.com )
3 comentários:
moi interesante si pero deberias dar detalles sobre o tipo de musica que fai esta deusa grega para orientar un pouco non?
gostame o comentario que esperta a curiosidade
a ver se nos traes mais cousas tan interesantes
Levas moito de razón: é pura seducción sensorial que entra polos oídos para tocarche por dentro, asim!
Os detalles podedes atopalos no email de contacto. Entrar neles sería adoitar un dominio de todo o blog pois moito da que falar esta muller. Ademáis, cómo describir unha Música con palabras? E por qué buscar sempre unha etiqueta para todo?
Enviar um comentário