A INXUSTIZA baixa a rúa igual ca unha prostituta
co zarandeo sensual do que espera follar férreas leis
e pasalas polo forro
A escura erección construíu aduanas
onde cobrar impostos a comités de desempregados
de fame intacta
e eles...
séntense esquecidos da man dun Deus
resignados, pensan que a desgraza é designio divino
confésanse vítimas da adicción a tódolos santos
e o clímax da vida eterna
fai soportable a lei do embude
A fe provoca sacrificios inútiles
A estrela de prata ilumina ao mellor postor
A catividade transfórmase en probas de acceso
a un falso paraíso de latón
Así, uns e outros
permanecemos coa rescatada alegría dos incautos
alimentándonos de certezas que son soños
tombados nos catres de insalubres celas
Cruz Martínez
Traballadores, non permitades que o xugo explotador coarte a vosa liberdade.
1 comentário:
Grazas polo apoio compañeiros, con persoas coma vós "a puta da vida" é máis levadeira. Un saúdo.
Enviar um comentário